luns, 27 de febreiro de 2012

Goleada para coller confianza

Atl. Sobrado 8 - Larín B 0, o resultado deixa ben as claras o que foi o partido. Un encontro no que debutou Andrés Miraz na portería do Atlético Sobrado e que serviu tamén para que debutase en partido oficial co primeiro equipo o xuvenil Sergio que demostrou que non lle tembla o pulso a hora de levar a manixa do equipo e que para completar a súa brilante actuación marcou un golazo desde fora da área.
O partido tivo pouca historia con un Atlético Sobrado facendo un gran fútbol a pesares do lamentable estado do terreo de xogo e no que na primeira parte xa se dou por finiquitado chegando o intermedio con 5-0 no marcador. Hat Trick de Dami que leva 6 goles nos 3 últimos partidos, Nacho con unha gran volea ademáis de un gol de cabeza de Fran Miraz en xogada ensaiada.
Na segunda metade Hassan darialle o turno os xuvenís Sergio, Caskete e Isma ademáis de Antonio e Maikel. Sería Diego Fragío quen faría o sexto gol da tarde, e Pablo Naveira con tiro desde fora da área o séptimo o derradeiro gol da tarde foi obra de Sergio como antes comentamos con un excelente lanzamento elevado desde fora da área.

Por suposto non podía faltar a nosa cita cos paos e desta volta foi o longueiro o que unha vez máis volveu a repeler un lanzamento marelo. O de esta tempada é digno de estudio...

A noticia máis triste foron as lesións no mesmo minuto de dous xogadores do Larín B que unha vez esgotados os cambios non puideron seguir no terreo de xogo. Faltando 9 minutos o colexiado e o adestrador local acordaron finiquitar un encontro que xa non tiña máis historia nin sentido continuar.

Para a semana o equipo de Hassan visita ó líder da competición Visantoña CF, é máis que probable que Javi Lofre poida volver os terreos de xogo, un gran alivio para a ampla lista de xogadores que están na enfermería.

ONCE INICIAL: Andrés Miraz; Mario Novo, Iván Cabado, Piru; Fran Miraz, Diego Fragío, Pablo Naveira, Chino, Jacobo Penas, Nacho; Dami.
BANQUIÑO: Isma, Antonio, Maikel, Caskete, Sergio.

Ningún comentario: