luns, 27 de febreiro de 2012

Non á Violencia







Reunida con caracter de urxencia a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude na tarde de onte con motivo dos gravísimos e desafortunados incidentes acaecidos na tarde do sábado 25 de febreiro no Municipal de Sobrado no encontro de categoría xuvenil que disputaba o noso clube fronto o Bergantiños B CF, decidiron o seguinte:










Dar a baixa federativa na mañá de hoxe os seus xogadores Samuel Márquez, Alberto Márquez e Alejandro Márquez por non respetar os valores e o motivo de ser de este clube polo que foi fundado no ano 1997, é dicir, formar persoas, ser compañeiros, respetar a rivais e colexiados e ser abandeirados no xogo limpo.










A directiva de este clube desexa pedir con moito sentimento de culpabilidade as máis expresas disculpas o colexiado que dirixía o encontro de categoría xuvenil Atl. Sobrado - Bergantiños B, Don Jesús Miguel Gómez Senín e que foi agredido no transcurso do minuto 60. Así tamén queremos disculparnos co clube rival o Bergantiños B C.F. por tan bochornosa imaxe amosada na tarde do sábado que para nada atinxe os valores que sustentan este clube.










Todo o noso cariño e admiración para o agredido. Estamos intentando poñernos en contacto co colexiado do encontro para que o noso presidente D. Juan González lle pida disculpas en nome da familia do Atlético Sobrado.










Desexamos que este triste episodio xamáis se volva a repetir e que o noso clube sexa noticia nos xornais por grandes méritos deportivos e non por agresións nin ameazas.










Consideramos esta acción como un acto illado e desde a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude rexeitamos calqueira tipo de violencia tanto física coma verbal.










NON A VIOLENCIA!!!










Sobrado, a 27 de febreiro de 2012

Ningún comentario: