martes, 25 de setembro de 2012

Cambio de horario fronte ó Vizoño S.D. "B"

Hai novidades polo que respecta ó horario do próximo encontro ligueiro que disputará ó noso clube fronte ó Vizoño S.D. "B" o sábado 29 de setembro no Municipal de Sobrado. A Directiva do equipo de Abegondo púxose en contacto con Club Atlético Sobrado Xuventude para solicitar o adianto do partido unha hora. O C.A.S.X accedeu gustosamente, así polo tanto o partido dará comezo as 17.00 horas no lugar das 18.00 horas que é o horario oficial no que xoga este ano o equipo marelo.

Ningún comentario: