luns, 24 de setembro de 2012

O C.A.S.X. golea a A.D. Vilamaior

De pe e de esquerda a dereita: DAVID, MARIO NOVO, PEDRO, MAIKEL, FRAN, ESTEBAN, NAVEIRA, SAMU, HASSAN, PETETE.
Agachados a de esquerda a dereita: CHINO, MARIO VARELA, ANXO, PIRU, JORGE ARES, DAMI, JACO, ANTONIO.

O Atlético Sobrado gañou 4-1 a A.D. Vilamaior no partido xogado o sábado no Municipal de Sobrado.
Os pupilos de Hassan a pesares das trabas que supón ter o terreo de xogo en mal estado, algo que entorpece enormemente a práctica de fútbol de toque, foron quen de superar amplamente ó conxunto visitante.
A Máquina Amarilla deixou case sentenciado o choque nos primeiros 45 logo de chegar ó descanso con un 3-0 a favor.
O primeiro gol chegaría no minuto 23 logo de unha boa xogada colectiva, o balón chega a banda dereita do ataque sobradés onde Jaco centra e un defensa no seu intento de despexe acaba metendo o esférico na súa propia portería.
O 2-0 chegaría logo de que Naveira transformara un lanzamento de penalti no minuto 43. Un penalti por outro parte a todas luces clarísimo e onde a pesares de que o defensa que fixo a pena máxima era o último home e o noso dianteiro encaraba portería nunha ocasión manifesta de gol tan so quitou cartón marelo e non expulsou o xogador visitante.
Antes de chegar ó descanso aínda se vería un terceiro gol local nesta ocasión foi Jaco o autor do gol con un disparo cruzado desde a frontal da área.
Logo da reanudación o C.A.S.X. tivo moitas e claras de poder obter unha goleada de escándalo pero tan so marcaría un gol máis..., sería de novo Jaco nunha xogada de estratexía onde Chino estivo moi atento para sacar rápido a falta e pillar despistada a defensa rival.
Xa no desconto chegaría o gol da honra para o Vilamaior, concretamente no minuto 92 onde o interior esquerdo visitante logrou un gran tanto de vaselina logo de sorprender adiantado a Samu que había uns minutos sustituira a David baixo paos.
Con esta victoria o C.A.S.X. suma 3 puntos na clasificación xeral subindo ata a 8ª posición. Para a semana e por terceira xornada consecutiva o equipo volverá a xogar como local. Será o sábado as 18 horas no Municipal de Sobrado desta volta fronte o Vizoño B que suma 2 victorias en outros tantos partidos e que servirá para calibrar a onde pode chegar o noso equipo esta tempada.

ONCE INICIAL: David, Pedro, Piru, Maikel, Mario Novo, Anxo, Fran, Mario Varela, Dami, Jaco, Naveira.
SUPLENTES: Samu, Jorge Ares, Antonio, Esteban, Chino.

Ningún comentario: