O Atlético Sobrado afronta xa a 5ª xornada ligueira desta tempada 2012/2013. No adestramento de hoxe que terá lugar as 20.30 horas comezarase a preparar o partido fronte o ACD Poulo.
O encontro disputarase pasado mañá sábado no Campo Municipal de Sobrado no horario oficial do C.A.S.X. nesta tempada, as 18.00 horas. O partido será dirixido polo señor David Brun Pintor.
O ACD Poulo viaxa a Sobrado necesitado de puntos pois conta os seus partidos por derrotas e ocupa a última posición da táboa. Esto debe servir ós homes de Hassan para non confiarse e estar alerta porque seguro que o rival virá enrabietado con ganas de facer un gran encontro e abrir así por fin o seu casilleiro de puntos.
Serán dúbida ata última hora os lesionados Jaco, Maikel e Dami.
Ningún comentario:
Publicar un comentario