luns, 15 de outubro de 2012

O Atlético Sobrado golea ó ACD Poulo

Satisfactorio resultado unha vez máis do Atlético Sobrado na tarde do sábado fronte ó ACD Poulo. O equipo de Hassan, o igual que fixera fronte a AD Vilamaior xa deixou finiquitado o encontro na primeira metade chegándose ó descanso con un claro 4-1. O 5-1 final deixa ben as claras a superioridade do equipo marelo, se ben, o igual que anteriores partidos desperdiciou outras claras ocasións de gol podéndose dar un resultado de auténtico escándalo. Se o equipo marcara a mitade das ocasións que xenera ben seguro que o casilleiro de puntos estaría xa nas dobles cifras.
Foi Chino o encargado de abrir o marcador, este gol supoñía o primeiro na súa conta particular nesta tempada. O 2-0 chegaría nun espectacular  lanzamento desde fora da área de Piru escorado á esquerda da portería rival.
O Poulo reduciría distancias momentaneas e co seu gol volveríase a meter no partido, pero o C.A.S.X. tirou de estratexia para volver a poñer terra de por medio no encontro, nunha xogada ensaiada de córner Naveira asiste a Dami no segundo pao para facer o 3-1.
Un dos mellores goles da tarde sería o 4-1, nunha xenial xogada do pichichi do equipo Naveira logo de regatear a 3 rivais o seu lanzamento desde fora da área entrou no marco visitante.
Así se chegou ó descanso.
Na segunda metade Chino, o mesmo home que abriu o marcador encargouse de pechalo, poñendo así o segundo gol da súa conta particular na tarde.
Con estes 3 novos puntos o Atlético Sobrado suma 8 puntos e segue na 7ª posición da táboa, agora a tan so 1 punto das posicións de promoción de ascenso.
Destacar unha vez máis o xogo limpo do equipo de Hassan que non recibiu ningún cartón marelo no enfrontamento fronte ó Poulo. O Atlético Sobrado é un dos únicos equipos nas 5 xornadas que van de liga que non sufriu ningunha expulsión.

ONCE INICIAL: David, Pedro, Piru, Mario N., Esteban, Anxo, Fran, Mario V., Dami, Chino, Naveira.
BANQUIÑO: Maikel, Miguel Combo, Jaco, Javi, Jorge.

Para a vindeira semana o Atlético Sobrado visita o campo de "As Mariposas" para enfrontarse ó C.D. Mesía o domingo 21 de outubro a partires das 16.30 horas. O C.D. Mesía que xogou a promoción de ascenso a 2ª Autonómica a tempada pasada dispón de un punto menos que a Máquina Amarilla.

Ningún comentario: