martes, 9 de outubro de 2012

Táboas fronte o Bribes C.F.

Non tivo a fortuna de cara o Atlético Sobrado na súa visita ó campo do Bribes C.F. O equipo que adestra Hassan ben puido traer para a casa unha victoria con goleada incluida pero o caso é que os 90 minutos remataron con empate a 1 no marcador.
As lesións cebáronse co noso equipo esta semana, así pois, Maikel, Dami, Jaco e Esteban (este a última hora) non puideron ser da partida, ademáis Pedro e Samu sumáronse o listado de baixas por motivos persoais. Polo tanto Hassan tan so puido dispoñer de 13 efectivos para este encontro.
Axiña se lle poñería o encontro de cara a escadra marela con un penalti a favor no minuto 5 cometido polo cancerbeiro local sobre Pablo Naveira.
O mesmo Pablo Naveira sería o encargado de lanzar a pena máxima pero o porteiro local estivo acertando e solventou o penalti facendo unha gran parada.
O dianteiro marelo resarciríase do erro no minuto 25 conseguindo o 0-1 nun man a man co porteiro local.
Ben puido sentenciar o encontro na primeira metade o Atlético Sobrado pero errou 2 man a man co porteiro.
Co resultado de 0-1 chegouse o descanso.
Non variou a escea do partido na segunda metade e o Atlético Sobrado chegou a errar na segunda parte outros 3 man a man co porteiro local. Desgraciadamente ningún destes man a man chegou a bo porto.
O porteiro local erixiuse en protagonista ó ser expulsado no minuto 70 por reiteradas protestas ó longo de todo o encontro, o cancerbeiro tiña xa un cartón marelo no penalti que cometeu sobre Naveira polo que o colexiado decidiu non consentir máis protestas e expulsalo amosándolle un segundo cartón.
David evitou o gol do empate con un paradón no primeiro tiro do Bribes a portería en todo o encontro, corría o minuto 71.
O gol do empate chegaría no minuto 80 onde o xogador que recibe o esférico antes de batir a David arranca nunha posición máis que dubidosa, pero o colexiado non apreciou fóra de xogo e mandou continuar a acción.
Rematou pois o encontro con táboas no marcador, un resultado inmerecido para un Atlético Sobrado que foi superior o seu rival en ocasións pero non así no marcador final.
Con este resultado Atlético Sobrado suma 5 puntos (1 victoria, 2 empates e 1 derrota) e ubícase na 7ª posición da táboa clasificatoria, a 2 puntos de entrar na fase de promoción de ascenso.
ONCE INICIAL: David, Miguel Combo, Jorge Ares, Mario Novo, Piru, Anxo, Fran, Chino, Mario Varela, Antonio, Naveira.
SUPLENTES: Javi Sánchez, Isma.

O seguinte partido será o sábado 13 de outubro a partires das 18.00 horas  no Municipal de Sobrado fronte ó A.C.D. Poulo.

1 comentario:

Marca, edición Sobrado dixo...

Minuto 80': Pirulo y Jorge se ponen delante de un contrario que trata de controlar el balón dentro del área, le da al balón en su intento de tirar y lo que hace es colgar el balón cruzándolo por encima de sus cabezas en dirección al palo derecho de David. En el momento del toque Pirulo estaba cercano al jugador del Bribes por lo que el remata se encontraba más adelantado que los dos defensas, no habiendo ningún otro defensor más retrasado: Fuera de Juego.
Tres minutos más tarde Pablo Naveira se interna en el área por el margen izquierdo y a dos metros de la línea de fondo es derribado por la defensa. El colegiado le mostró tarjeta por entender que las teorías de la dinámica de Newton sobre la ley de la gravedad no fueron bien aplicadas.
Unha pena.