mércores, 28 de novembro de 2012

Xornada 12: SD Pontecarreira - C.A.S.X. (a previa)

Partido por todo o alto o que se disputará o vindeiro sábado 1 de decembro a partires das 16.00 horas no Campo de "A Chousa" en Pontecarreira (Frades).

O encontro enfrontará a SD Pontecarreira (3º) contra o Club Atlético Sobrado Xuventude (1ª), que con esta suma a súa terceira semana consecutiva no máis alto da clasificación xeral deste Grupo III de 3ª Autonómica Galega. Un enfrontamento de máximo interese se temos en conta que entre os dous equipos tan so distan 2 puntos na clasificación; así pois, prevese un partido moi equilibrado.

A "Ponte" chega a este encontro con 7 partidos gañados (Bribes, Poulo, Mesía, Mesón do Bento, Tambre, Encrobas e Toques), 1 empatado (o da semana pasada no derbi fora da casa fronte ó Abellá B) e 3 perdidos (Cire Melide, Carral B e Vilamaior).

O equipo de Frades ten un fortín no seu feudo pois tan so deixou escapar 3 puntos, os que conquistou o Cire Melide gañando 0-3 cando visitou "A Chousa". O resto de partido na casa contaos como victorias (Mesía, Encrobas e Toques).

Dous homes centran a máxima atención na liña atacante do equipo azul: Martín Espiñeira "Dobos" e Wage que suman 5 goles cada un polo que o C.A.S.X. deberá andar fino en labores defensivas se non quere levar un bo susto.

A SD Pontecarreira é actualmente o equipo máis goleador da categoría (25 dianas) empatado co Toques, polo contra leva encaixados 19 goles.

O C.A.S.X. mentalízase xa para outro difícil partido, logo de pasar con nota a proba de lume do pasado sábado e golear 4-0 a un dos rivais para loitar polas prazas altas da Liga, o Carral B.

A liña de traballo tanto nos adestramentos coma nos encontros está a ser moi boa e esta debe continuar así: non deixar de loitar os 90 minutos e intentar dar guerra ata que o colexiado indica o final. Baixar os brazos cando pensas que eres gañador do encontro antes de que finalice significa moitas veces levar un bo apuro e no 90% dos casos perder puntos.

Bos son os números que presenta ata o de agora a escadra de Hassan, 7 partidos gañados, 3 empatados e so 1 perdido (o da primeira xornada 0-1 fronte ó Abellá B). Ademáis leva a favor 24 goles que o converten no segundo equipo máis goleador da liga e 7 goles en contra (tamén segundo equipo que menos encaixa por detrar do Cire Melide).

A priori Hassan dispón de todo o plantel para este encontro, pendiente sempre de baixas que se poidan dar a última hora.

O colexiado encargado de dirixir o encontro será o señor David Brun Pintor.

Ningún comentario: