venres, 30 de novembro de 2012

O Atlético Sobrado unha vez máis na prensa


O xornal deportivo Depor Sport faise eco no día de hoxe do que será o partido da xornada nesta data 12 de competición na 3ª Autonómica Grupo III.
Mañá o Atlético Sobrado, líder da categoría, visita o difícil campo de "A Chousa" para enfrontarse a SD Pontecarreira que viaxa terceira na competición a tan so dous puntos do noso equipo.
No xornal destácase a igualadade entre os equipos e resalta que a Máquina Amarilla non coñece a derrota desde a primeira xornada.

RECORDA: mañá a partires das 16.00 horas no Campo de "A Chousa" en Pontecarreira (Frades) SD PONTECARREIRA (3º) - ATL. SOBRADO (1º) #loitapololiderato

Ningún comentario: