luns, 3 de decembro de 2012

Xornada 12: De poker en poker (crónica)

Novo golpe de autoridade do equipo de Hassan, desta volta a domicilio e fronte a un rival directo, a SD Pontecarreira.
O conxunto marelo chegaba reforzado logo da excelente goleada 4-0 fronte o Carral B. Non quixo ser menos esta fin de semana e nun partido que se prevía igualado a priori  xa que o rival era o 3º clasificado e o equipo máis goleador da categoría solventouno con un contundente 0-4.
A pesares do resultado o partido tivo 2 partes ben diferenciadas. Na primeira metade o conxunto marelo fixo probablemente os peores 45 minutos no que vai de Liga. Con moitas imprecisións, sen poder lograr facer o seu fútbol de toque e sen case chegadas. A única ocasión clara da primeira metade tivoa Fran pero cando estaba en posición franca para rematar decidiu darlle o pase a Naveira que foi interceptado por un defensa rival alonxando o perigo. A SD Pontecarreira tampouco creou perigo á portería de David no primeiro tempo así foi que nos primeiros 45 minutos ningún equipo logrou tirar a portería.
Hassan fixo varias rectificacións os seus pupilos no descanso logo de unha imprecisa primeira parte e abofé que estas surtiron efecto. Con unha máquina amarilla volvéndose a encontrar consigo mesma desde o inicio da segunda metade.
Axiña ía chegar o primeiro gol, corría o minuto 48 cando Naveira aproveitou un erro da defensa local a hora de tirar o fora de xogo para acabar batindo con un suave lanzamento a portería de Cristian Carnota. Era o primeiro lanzamento a portería dos dous equipos en todo o partido e o C.A.S.X. poñíase por diante no marcador.
A xogada clave do partido estivo no minuto 65 de encontro. O interior esquerdo da SD Pontecarreira Wage, un dos xogadores que máis perigo estaba creando en ataque por parte do equipo local perde os papeis de forma incomprensible e a altura de medio campo faille unha brutal entrada por detrás a Jaco que acababa de entrar no terreo de xogo facía 4 minutos en sustitución de Fran. O colexiado do encontro Brun Pintor, non dubidou un instante e expulsou con cartón vermello directo o habilidoso atacante azul.
Jaco intentou regresar ó xogo pero o golpe foi demasiado forte e foi reemplazado no minuto 68 por Miguel Combo. Jaco presenta a marca dos tacos na súa rodilla dereita.
A expulsión foi clave pois a Ponte desapareceu en ataque e tan so creou perigo a David en dous lanzamentos que o cancerbeiro atallou unha vez máis de xeito soberbio.
No minuto 70 o C.A.S.X. asestaba un golpe case definitivo ó partido. Chino invéntase un pase de mago a espalda da defensa, Naveira anda rápido e golpea de vaselina o esférico ante a salida desesperada do porteiro local facendo o 0-2. Un sensacional gol sen lugar a dúbidas. Este era o 8º gol de Naveira na competición que o sitúa na 3ª posición na táboa de goleadores empatado con Barbeito do Carral B.
No minuto 72 o Atlético Sobrado sentenciou definitivamente o encontro logo de unha habilidosa xogada de Dami dentro da área que definía logo de regatear ó porteiro perfectamente con un lanzamento pegado o pao.
Un minuto despois, no 73, Dami repetiría gol logo de unha excelente xogada de toque da zona atacante do equipo marelo, o esférico chegou en banda dereita a Miguel Combo que fai unha excelente internada ata a liña de fondo, da o pase da morte a Dami e este golpea segundo lle ven mandando o balón a durmir ó fondo da rede. Era o 0-4 e Dami que o sábado estaba de cumpleanos celebrabao da mellor maneira posible, con un doblete.
Aínda quedaría tempo para que Samu tivese uns minutos e reemplazase a David na portería marela.
Remataría así pois o encontro con 0-4. Con este resultado o Atlético Sobrado lidera por 4ª semana consecutiva a clasificación e distancia agora a SD Pontecarreira en 5 puntos, o cadro de Frades descende a 4ª posición da táboa en detrimento do Toques CF que ascende ata o terceiro posto.
O seu inmediato seguidor é o Vizoño B que logo de gañar onte 0-1 fronte ó Carral B suma 1 punto menos que o equipo de Hassan.
Compre destacar que o Atlético Sobrado sumou coa do sábado 6 xornadas sen recibir ningún gol converténdose así xunto co Cire Melide como o conxunto menos goleado da categoría con 7 goles. Pola contra é o 2º conxunto máis goleador con 28 goles a favor e solo é superado polo Toques CF que suma 30.
Precisamente o Toques CF será o vindeiro rival do cadro marelo. O partido foi adiantado para o xoves 6 (Día da Constitución). O horario será o de sempre as 17.00 horas e o esceario o Municipal de Sobrado. Un partido que ademáis da rivalidade entre pobos veciños este ano súmalle un ápice de emoción por estar os dous equipos en postos altos da táboa. C.A.S.X. 1º e Toques 3º.
Mércores faremos a previa do encontro.

Ningún comentario: