martes, 4 de decembro de 2012

Foto Lembranza

Remexendo nos arquivos do Clube atopamos esta foto que data da tempada 2007/2008. Esta foto é histórica pois é unha das primeiras formacións da primeira tempada que o Club Atlético Sobrado Xuventude tivo categoría xuvenil.
O resultado de este partido foi C.A.S.X. 5 - Atl. San Pedro 2 e como podedes ver na foto 9 xogadores dos que aparecen na imaxe forman hoxe parte do primeiro equipo do noso clube. Os bos resultados que está acadando a Máquina Amarilla en gran parte veñen dados polo bo facer de anos anteriores no traballo das categorías base que coordina e dirixe José Antonio Vázquez "Hassan".

FOTO:

 (de pé de esquerda a dereita) CARLOS, PAZITOS, JAVI, MIGUEL COMBO, RUCHI, IVÁN CABADO, HASSAN (ADESTRADOR), NAVEIRA, DIEGO AMIL, ANDRÉS, PETETE (DELEGADO).
(agachados de esquerda a dereita) KIKO, PEDRO, ANXO, MARIO NOVO, DIEGO FRAGÍO, JAVI SÁNCHEZ, FRAN, JORGE ARES.

Ningún comentario: