martes, 18 de decembro de 2012

Felicidades ANXO!!!

Hoxe está de aniversario un dos emblemas da canteira do noso clube. Anxo Sánchez, o "Mauro Silva" do Atlético Sobrado cumple 20 anos e coma homenaxe a súa traxectoria xa que desde ben pequeniño ven portando o escudo do noso clube quixemos adicarlle unhas palabras e de paso tirar de hemeroteca con algunhas fotos que lle traerán a bo seguro bos recordos.

CURRICULUM:

Anxo Sánchez Sánchez naceu en As Cruces (Sobrado) un 18 de decembro de 1992.

Comeza na Escola C.A.S.X. de Fútbol Sala desde a súa creación no ano 2003.

Pasa por todas as categorías do Clube en Fútbol Sala.

Participa na Compostela Cup do ano 2007 no que a postre sería a base do primeiro equipo xuvenil do Club Atlético Sobrado Xuventude da tempada 2007/2008 ata a tempada 2009/2010.

Na tempada 2010/2011 Anxo é cedido o equipo xuvenil do CCD Curtis para xogar na 1ª Autonómica e así complementar a súa formación coma futbolista nunha categoría superior.

Anxo retorna ó Club Atlético Sobrado Xuventude na seguinte tempada 2011/2012 para ocupar a posición de medio centro defensivo do primeiro equipo ata a actualidade.

CARACTERÍSTICAS:

Xogador de brega incansable, gran recuperador de balóns (é a "escoba" do Atlético Sobrado), xamáis repara en esforzos, xoga ben o esférico, apenas comete faltas e dalle sentido o inicio de ataque do cadro de Hassan. A pesares de non ser excesivamente alto vai ben no xogo aéreo e amosa unha madurez dentro e fora do terreo de xogo impropia da súa idade.
Anxo é a calma e a pausa dentro do terreo de xogo e cumple perfectamente a función de director de orquestra que Hassan lle encomenda.

ALGUNHAS FOTOS DE TODA UNHA VIDA LIGADO Ó C.A.S.X.:

Atl. Sobrado Xuvenil, tempada 2007/2008 (Anxo é o que ten o esférico)
Primeiro ano das Escolas Deportivas C.A.S.X. (Anxo é o segundo pola dereita na fila superior)
Equipo Xuvenil, tempada 2009/2010 (Anxo é o segundo pola esquerda na fila de abaixo)
Nun torneo de Fútbol Sala coas Escolas Deportivas C.A.S.X. (Anxo é o segundo da dereita da fila superior)
Na Compostela Cup (Anxo é o terceiro empezando pola esquerda na fila superior)
Torneo Concello de Curtis 2003 (Anxo é o primeiro da dereita da fila superior)
Atlético Sobrado 2012/2013 (Anxo é o terceiro pola esquerda na fila de abaixo)

P.D: e a saga Sánchez Sánchez continúa no Atlético Sobrado co irmán de Anxo, de nome Antón.

Ningún comentario: