luns, 17 de decembro de 2012

Xornada 14: O líder "mola"

Enésima alegría, unha máis de tantas que nos dou o C.A.S.X na tarde-noite de onte en Abellá. O líder é moito máis líder logo de gañar 2-3 fronte o único rival que fora quen de gañarlle na primeira volta: o Abellá B e aproveitarse da derrota do Vizoño B fronte ó Toques.
O equipo de Hassan tirou onte de testículina para darlle a volta a un partido que se puxo moi costa arriba con un 2-0 adverso ós 10 minutos de xogo. Incluso apelou a heroica para salvar a victoria xogando con un xogador menos por expulsión do gardarredes David ó longo de 26 interminables minutos.
Comezou mal o partido o conxunto marelo sabedores do perigo do pichichi da categoría Rivera e da súa endemoniada velocidade, en dúas xogadas calcadas, Rivera fixo 2 goles moi parecidos en tan so 10 minutos. Un minuto antes do segundo gol Mario Varela tivera o empate nunha gran xogada de Pablo Naveira que lle cede o mediocampista de Boimorto pero o seu lanzamento saiu centrado e o cancerbeiro local desviou a córner.
O C.A.S.X volveríase a meter no partido no minuto 12 logo de outra gran xogada de Naveira logo de levar consigo a 3 rivais e o porteiro, da o pase atrás a Dami que marca por elevación. Dami volvería a ter outra oportunidade para o 2-2 pero o seu lanzamento foise desviado. Esteban gozaría de unha clara ocasión logo de unha falta executada por Chino na que remata solo coa súa perna dereita no segundo pao pero o seu lanzamento vaise fora por pouco.
Co 2-1 chegouse o descanso co Atlético Sobrado sabedor xa da derrota do Vizoño B sabendo que todo o que fora sumar sería ampliar vantaxe na xeral.
No minuto 48 chegaría o empate a 2 goles. Nun córner a favor do equipo marelo executado por Mario Varela que ía perfecto para o remate de Mario Novo, un defensa local, no seu intento de evitar o remate do central marelo marca en propia portería.
Lograba o C.A.S.X. o primeiro obxectivo que era remontar a diferencia de dous goles. Pero a Máquina Amarilla quería máis, e así o logro, no minuto 52 Pablo Naveira é obxecto de unha falta no vértice da área, o libre directo executao Chino logrando vater por baixo ó gardarredes local. A remontada xa era unha realidade tan so 42 minutos despois de ir perdendo 2-0.
No minuto 68 chegaría a xogada que puido cambiar o signo do encontro, Rivera nunha veloz xogada vai a por un balón dividido fora da área, o gardameta David sal a desesperada para chegar antes o balón pero o dianteiro local chega antes e choca con David. O colexiado do encontro decreta falta e cartón vermello directo para o porteiro do C.A.S.X. É a primeira expulsión do campionato para o equipo marelo. Faltaban 22 minutos e o tempo de prolongación. Samu poñíase baixo paos entrando por Dami e non desentonou no tempo que xogou pois fixo dúas paradas de moito mérito aportando seguridade á zaga visitante. O C.A.S.X. a pesares de estar un xogador menos non renunciou ó ataque e nun veloz contragolpe Mario Varela a pique estivo de facer o 2-4 nun lanzamento que acabou atallando o porteiro local.
O conxunto de Hassan soupo sufrir os 22 minutos  restantes e os 4 e medio de prolongación, alonxando calqueira atisvo de perigo e intentando sentenciar. O Abellá B tivo unha última opción no minuto 92 nun lanzamento do seu interior esquerdo que se foi a metro medio da portería de Samu.
O colexiado decretaba o final do encontro no Vedral e a expedición e os afecioados marelos explotaban de xúbilo pola proeza conseguida e sabedores do valor de este victoria que distancia ó C.A.S.X. na clasificación. Agora o equipo marelo suma 33 puntos mentres Cire Melide 2º e Vizoño B 3º suman 27.
Para a seguinte xornada, última antes do parón de Nadal, que presumiblemente se disputará o vindeiro domingo as 16.00 no campo de Vilamaior (Ordes) Hassan non poderá contar con David, expulsado onte, nin con Chino que viu o 5º cartón marelo nun lance do encontro polo que terá que cumplir ciclo de amonestacións.

En vindeiros días iremos dando máis detalles que nos presentará o seguinte partido.


UNHA VEZ MÁIS, NORABOA RAPACES, BO TRABALLO!!!

ILLA, ILLA, ILLA, LA MÁQUINA AMARILLA.

Ningún comentario: