mércores, 12 de decembro de 2012

Xornada 14: S.E. Abellá S.D.C. "B" - C.A.S.X. ( a previa)

O vindeiro domingo 16, a partires das 19.15 horas preséntasenos no Campo de O Vedral en Abellá (Frades) un atrainte partido.

O C.A.S.X., co recente Título de Inverno conseguido desplázase ata Abellá co agallo de comezar a segunda volta de este curso balompédico 2012/2013 e visitar ó único equipo que foi quen de gañarlle a escadra que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" o Abellá "B".

Os de Frades derrotaron á Maquina Amarilla na primeira xornada de Liga no Municipal de Sobrado en pleno domingo das Festas dos Dolores polo tanteo de 0-1. O único gol do encontro foi anotado polo pichichi da categoría Rivera.

Precisamente o encontro do domingo será un duelo de "bandoleiros" onde se enfrontarán os dous máximos goleadores da competición: de un lado Rivera que suma a frioleira de 17 goles en 13 partidos ligueiros e de outro lado Naveira que suma a nada desprezable cifra de 11 goles nos mesmos partidos.

Compre destacar que o S.E. Abellá S.D.C. "B" ten mellores números a domicilio (4 partidos gañados e 3 perdidos, sumando 12 puntos con 17 goles a favor e 15 en contra) que na súa propia casa (2 partidos gañados, 2 empatados e 2 perdidos, sumando 8 puntos con 12 goles a favor e 10 en contra).

No Vedral Mesía e Encrobas foron capaces de gañar, Cire Melide e Pontecarreira de empatar, pola contra Bribes e Vilamaior, este último a pasada semana sairon derrotados do feudo do Abellá B.

O Atlético Sobrado recupera ó seu capitán Esteban logo de ter que cumplir sanción a semana pasada por acumulación de amonestacións fronte ó Toques CF. Esta sanción é a primeira que ten que cumplir o equipo marelo en todo o que vai de competición.

A marcha do equipo marelo mediada a tempada é de sobresainte, con 9 partidos gañados, 3 empatados e tan so 1 perdido (o citado anteriormente fronte ó rival de domingo). O equipo viaxa líder da competición con 30 puntos, con 3 distancia sobre o seu inmediato perseguidor o Vizoño B que ten 27. 3º clasificado é agora o Cire Melide que dispón de 24 puntos.

Suma 31 goles a favor a escadra de Hassan sendo o equipo máximo realizador do Campionato xunto co Toques. Polo que respecta a goles encaixados suma un total de 8, sendo o 2º equipo menos goleado por detrás do Cire Melide que ten 7.

Para intentar sumar en O Vedral o equipo de Sobrado debe seguir na mesma liña de traballo, afrontando os partidos con seriedade e poñendo os 5 sentidos sobre o terreo de xogo no tempo que dura o encontro. So así se pode lograr a victoria fronte a un bo equipo que xa amosou no partido de ida que é quen de gañarnos.

Dirixirá o encontro D. Daniel Fraga Vinuelas.

Ningún comentario: