mércores, 5 de decembro de 2012

Xornada 13: C.A.S.X. - Toques CF (a previa)

Apaixoante partido o que disputarán mañá no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas o Atlético Sobrado Xuventude e o Toques Clube de Fútbol.

O partido foi adiantado de mútuo acordo entre os clubes aproveitando a festividade do Día da Constitución e para que así os integrantes de ambas plantillas poidan disfrutar de uns días de descanso.
Se xa de por si un Atl. Sobrado - Toques ou un Toques - Atl. Sobrado ten morbo pola cercanía de ambos pobos esta tempada engádeselle algo moi apetecible como é que os dous equipos están nas primeiras posicións da táboa loitando por eses postos de honra.

O Atlético Sobrado chega por 4ª xornada consecutiva como líder da competición e de novo lle toca enfrontarse ó 3º clasificado, unha posición que o Toques adquiriu logo de gañar a pasada semana 5-4 nun partido tolo ó Abellá B. O conxunto vermello chegou a ir perdendo 1-4 pero apelou á casta e o orgullo para darlle a volta ó marcador.

Cada visita que o Toques fai a Sobrado é un día especial para o noso clube pois comandando a nave toquense chega un ano máis o gran Ángel. Un dos ex-xogadores do Atlético Sobrado que deixou unha imborrable marca no noso clube. Un xogador grande e unha persoa enorme que viu convertido o seu soño de poder ter un equipo federado no seu querido Toques. Finalmente ese soño fíxose realidade é ahí está Ángel,ou Xelo, como cariñosamente tamén o coñecemos en Sobrado, levando a batuta do Toques CF.

Os números goleadores do Toques asustan: 30 goles a favor en 12 partidos. O cadro que mañá nos visita é o máximo goleador da categoría seguido polo Atlético Sobrado con 28. Polo que respecta a goles encaixados suma un total de 21 mentres o Sobrado é o menos goleado da categoría empatado a 7 goles co Cire Melide.

O Toques é un equipo que no seu feudo é case inexpugnable gañando 5 partidos e perdendo solo 1. Pola contra, fora do Municipal de Toques suma 2 victorias (Mesía e Vilamaior), 1 empate (Encrobas) e 3 derrotas (Bribes, Cire Melide e Pontecarreira).

Fora da casa fixo 13 goles e encaixou 12 o cal nos indica que nos partidos do equipo que adestra Ángel acostuma a haber moitos goles.

Por desgraza, o Toques non poderá contar co seu máximo goleador Nacho, que suma 9 dianas no que vai de tempada logo de sufrir unha grave lesión nun brazo o pasado domingo contra o Abellá B. Desde aquí desexámoslle a Nacho unha pronta recuperación para velo axiña vestido de curto e facendo gala do seu gol e a súa velocidade.

Si estará Bareto, todo un referente para o Toques, que logo de recuperarse de un accidente está a volver a ser o que foi e xa suma 6 dianas no que vai de competición ademáis de Juan, o terceiro goleador do equipo con 4 tantos.

A garra, a loita e o compromiso son os emblemas do Toques CF, un equipo que ano tras ano ten que reinventarse logo de ir perdendo nas últimas tempadas a xogadores de altas prestacións como Carril, Diego, Carballal ou Penka. Os xogadores que están a ocupar os seus postos estan a facelo de xeito sensacional, de ahí esos 22 puntos e eso máis que meritorio 3º posto.

Preséntase polo tanto un partido atrainte para o público que se prevee que acuda de xeito masivo ó Municipal de Sobrado a pesares das baixas temperaturas e de que amenaza choiva.

O capitán do equipo Esteban, por acumulación de amonestacións, será a única baixa no equipo de Hassan para afrontar un partido que de gañalo, o Atlético Sobrado proclamaríase de maneira matemática campión de inverno de este curso ligueiro 2012/2013. Esteban é o primeiro sancionado da Máquina Amarilla no que vai de competición ligueira.

A empresa non é doada pois o equipo a derrotar é un dos máis competitivos e solidarios do campionato. Se o Atlético Sobrado quere levar este partido a bo porto deberá poñer todos os sentidos sobre o terreo de xogo e intentar impoñer as súas características de dominio e toque de balón.

Agardemos que ambos equipos nos brinden un bo partido.

2 comentarios:

Ángel do Toques dixo...

Boas amigos e amigas do CASX. A verdade, e que acabo de emocionarme lendo a previa deste partido que nos deixa Victor Lato. Gracias Victor! Moitas Gracias pola previa dun partido con tanto sentimento e con tanta paixón.
Comparto en plenitude tódolos comentarios que fas e coincido que este é un partido moi especial.
Un ano máis un Atl. Sobrado- Toques ou o revés vívese con moita paixón e con moitas ganas, dado que é un derbi da comarca. Para mín é especialmente moi importante xa que o meu pasado como xogador do ATL. Sobrado deixoume recordos e vivencias moi boas e unha manchea de amigos que nunca se esquecen.

Desexo que sexa un gran partido e que os dous equipos nos ofrecezan o mellor de si, e fagan disfrutar as dúas aficcións da mellor maneira, e unha vez rematado o encontro... ¡amigos coma sempre!.

Teño que recoñecer que este ano o ATl Sobrado, é pleno favorito polo gran traballo que está a desenvolver esta tempada. Un Traballo que está a dar froitos, e os froitos tradúcense no liderado da clasificación.

Pero, teño que dicir que o TOQUES vai poñer os medios necesarios para impedir que leves os 3 puntos...ja, ja.

Bueno, moita sorte a todos e que disfrutemos deste partido que merece a pena.

UN SAÚDO A TODOLOS SEGUIDORES DO CASX E MOITA, MOITA SORTE PARA AMBOS EQUIPOS E ESPECIALMENTE PARA O MEU EQUIPO O TOQUES.

UN ABRAZO FORTE PARA O NOSO NACHO, QUE NESTE MOMENTO ESTARÁ A PASAR POLO QUIRÓFANO E DESEXARLLE QUE SE RECUPERE PRONTO.

UN SAÚDO E UN ABRAZO A TOD@S..

Lato dixo...

GRANDE ÁNGEL!!!

Agardemos que os dous equipos sigan traballando como ata o de agora ata final do campionato e demostremos que na nosa zona hai bos peloteiros.

Moita sorte a Nacho na súa recuperación e seguro que axiña está outra vez goleando para o Toques.

Vémonos mañá!

Un abrazo