martes, 8 de xaneiro de 2013

Depor Sport adícalle hoxe unha páxina enteira ó C.A.S.X.

O xornal deportivo Depor Sport adica integramente a súa páxina 23 da publicación de hoxe ó Atlético Sobrado Xuventude e o uso que facemos desde este clube das novas tecnoloxías.

Baixo o título "Sobrado en el uso de las nuevas tecnologías" Depor Sport faise eco das publicacións diarias que vimos facendo mediante este blog, no Grupo de Facebook e do Twitter oficial do Clube.

Depor Sport ademáis destaca que o Club Atlético Sobrado Xuventude é un dos pioneiros do fútbol modesto pois esta aventura comezou hai uns 9 anos e que está a utilizar ferramentas que incluso clubes de 3ª División Nacional non usan.

Desde o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos agradecerlle a Depor Sport a publicación de esta noticia que nos fai sentir moi orgullosos e especialmente queremos dar a máis sincera noraboa pola reportaxe á xornalista Laura Queijeiro.

GRAZAS!!!

P.D: se desexades ver a foto de xeito ampliado clicade enriba da imaxe.

Ningún comentario: