luns, 7 de xaneiro de 2013

Xornada 15: o que perdoa paga

O Atlético Sobrado viviu onte nas súas propias carnes a máxima do fútbol de "o que perdoa, paga". O equipo de Hassan cansouse de desperdiciar claras ocasións de gol para levarse a victoria e a pesares de poñerse 0-1 no minuto 70 con gol do capitán Esteban o único erro defensivo de todo o partido condenouno cando faltaban 10 minutos para o remate do encontro ó empate a 1 gol que xa sería irreversible.

Non foi quen o C.A.S.X. de sumar os 3 puntos na súa visita a Vilamaior nunha agradable e soleada tarde a pesares de tratarse do 6 de xaneiro.

O equipo de Hassan chegaba coas baixas do porteiro David e de Chino ambos por sanción. O equipo marelo formou con Samu, Miguel Combo, Piru, Mario, Esteban, Anxo, Mario Varela, Jaco, Fran, Dami e Naveira. No banquiño agardaban a súa oportunidade Isma, Javi e Maikel.

Comezou o Vilamaior intentando impoñer o seu xogo en largo nos primeiros compases do partido pero co transcurrir dos minutos o Atlético Sobrado iríase facendo dono do esférico e impoñendo o seu fútbol de toque misturado con rápidas convinacións na parte ofensiva. Dami e Naveira tiveron o gol na primeira metade nunha clara ocasión onde Dami entrou por banda esquerdo e o lanzamento do habilidoso interior marelo saiu desviado caendo nas botas de Naveira que finalmente rematou fora. 2 minutos despois Fran tivo outra gran oportunidad nun remate que se foi alto nunha volea a altura do punto de penalti. Por parte do Vilamaior un lanzamento fora e unha gran parada de Samu foron as súas noticias en ataque nos primeiros 45 minutos.

Chegouse ó descanso co resultado inicial e o Atlético Sobrado seguiu buscando a necesaria victoria que ata ese momentos se lle resistía e que de conseguila seguiría mantendo 6 puntos de diferencia co seu inmediato perseguidor o Cire Melide C.F.

 A ocasión máis clara do encontro tivoa Naveira que no man a man co porteiro local chutou fora cando aínda seguía o empate no marcador. Outra gran oportunidade desperdiciou Dami nun disparo onde colleu ó porteiro local totalmente fora de sitio, os xogadores marelos virón ahí o gol pero o lanzamento finalmente saiu fora. O primeiro gol do encontro chegaría a balón parado onde Esteban logo de dous intentos de despexe da zaga locaaproveitou un balón morto na área pequena para marcar o 0-1 coa súa perna menos boa, a dereita. Corría o minuto 70 e o C.A.S.X. por fin abría a lata.

O Vilamaior tirou de garra e de fútbol físico para intentar empatar e así nun erro da zaga primeiro e de cálculo do cancerbeiro sobradés despois un dianteiro local en pugna con Esteban faría o empate, o último en tocar o esférico antes de entrar foi Esteban polo tanto gol en propia porta.

Gozaría de outra boa oportunidade Jaco para desnivelar de novo o marcador pero o seu forzado chut coa perna esquerda solventouno sen problemas o gardaredes local. O Vilamaior dispuxo  instantes antes de rematar o encontro de duas boas oportunidades que non encontraron portería.

Finalizou o encontro con empate a 1 gol. Este punto fai que o C.A.S.X. alcance os 34, que lle permite seguir  líder con 4 de diferencia sobre o Cire Melide que está ubicado na segunda posición e con 5 de diferencia sobre a SD Pontecarreira que é 3º.

Para semana o conxunto marelo visita ó Vizoño B, os de Abegondo están situados na cuarta praza da táboa clasificatoria con 28 puntos, así pois o partido será a "cara de can" fronte a un rival directo na loita polos postos de honor da clasificación.

O longo da semana iremos debullando os datos do partido.

Un saúdo.

Ningún comentario: