xoves, 3 de xaneiro de 2013

Domingo en Xogo

Rematan as merecidas vacacións de Nadal para o Club Atlético Sobrado Xuventude. A partires de mañá o equipo que adestra Hassan preparará nunha única sesión de adestramento que comezará as 20.00 horas o partido fronte a AD Vilamaior que terá lugar o vindeiro domingo 6 de Xaneiro a partires das 16.00 horas no campo de O Carballo en Vilamaior (Ordes). O partido fora aprazado polo falecemento do pai de un xogador local. Para este encontro Hassan non poderá contar con David nin con Chino sancionados.

Para tod@s aquel@s que non vos poidades desprazar ata Vilamaior como cada semana poderes seguir o partido no Twitter Oficial do Club Atlético Sobrado Xuventude @AtleticoSobrado se todavía non nos sigues faino. ESTAMOSTE AGARDANDO!!!

A conexion online do partido comezará as 15.30 horas dando as novidades da convocatoria e a alineación.

Ningún comentario: