luns, 21 de xaneiro de 2013

Felicidades Miguel!!!


No día de hoxe cumpre anos un dos xogadores máis polivalentes da Máquina Amarilla. Miguel Combo ou "Rubio" está de aniversario e desde o Club Atlético Sobrado Xuventude quixemos adicarlle un pequeno espazo no blog do equipo.

Miguel un dos xogadores que leva toda a vida vencellado ó escudo do león está a alcanzar a súa madurez futbolística os 21 anos medrando tempada tras tempada. Este ano dou o salto definitivo sendo un dos homes de confianza de Hassan. Sen ir máis lonxe o pasado sábado marcouse un auténtico partidazo xogando de lateral dereito tapando moi ben a súa banda, anticipándose para roubar e chegando a liña de fondo para centrar con perigo de gol. Un dos xogadores máis simpáticos do equipo que sempre saca un sorriso nos seus compañeiros.

CURRICULUM:

Miguel Combo Aller naceu en Esgueva -Roade- no Concello de Sobrado un 21 de xaneiro de 1992.

Pertence ó Club Atlético Sobrado Xuventude desde que se fundaron as súas Escolas Deportivas de Fútbol Sala na tempada 2003/2004.

A carreira deportiva de Miguel é inversamente proporcional a do gardamallas do primeiro equipo David. Se David comezou como xogador de campo para pasar posteriormente á portería a Miguel Combo sucédelle o caso contrario. Comezou coma porteiro de fútbol sala e posteriomente situouse coma xogador de campo.

Na tempada 2007/2008 coa creación da categoría xuvenil de fútbol Miguel da o salto o equipo marelo sendo titular indiscutible na zaga da Máquina Amarilla junior e pasa neste conxunto 4 tempadas.

Unha vez remata a súa etapa xuvenil por fin chega ó primeiro equipo aínda que coma xuvenil xa puidera debutar en partido oficial co C.A.S.X. senior.

Esta é a terceira tempada de Miguel coma xogador senior e quizais na que está destacando definitivamente como un dos puntais do equipo.

CARACTERÍSTICAS: 

Xogador moi espigado de longa zancada. Posee un disparo moi potente que pouco a pouco vai pulindo e que seguro que en pouco tempo lle aportará moitos goles.

Comezou a tempada como lateral dereito pero dependendo das necesidades do equipo xa xogou de central, de interior polas dúas bandas e incluso de referencia máis ofensiva do conxunto de Hassan.

Miguel Combo é unha garantía aló onde xogue pois dispón de un bo regate e ten unha boa finalización das xogadas.

 Nesta tempada mellorou moito as súas prestacións na colocación sobre o campo e no xogo aéreo poñendo moito da súa parte e esforzandose en cada adestramento e cada partido. Está chamado a ser unha das referencias do Atlético Sobrado desde xa mismo.

ALGUNHAS FOTOS DE UNHA CARREIRA DEPORTIVA EN AMARELO:


Aquí temos a Miguel Combo na súa etapa coma porteiro, foi xusto o ano que arrancaron as Escolas Deportivas do C.A.S.X. Miguel é o primeiro da man dereita na fila superior.

Xa coma xogador de campo no equipo xuvenil, corría a tempada 2007/2008. Miguel é o terceiro pola dereita dos que están de pé.

Co equipo xuvenil na tempada 2009/2010 Miguel é o cuarto pola dereita da fila superior

Aquí temos a Miguel xa co primeiro equipo nun derbi contra o Toques CF

Tempada actual, Miguel, co número 2 á espalda celebra un gol de Mario Varela contra o Encrobas CF

QUE TEÑAS UN DÍA DO MÁIS SATISFACTORIO, MOITAS FELICIDADES!!!

Ningún comentario: