luns, 21 de xaneiro de 2013

Xornada 17: con San David á gloria


Maiúscula victoria do equipo de Hassan fronte a un Sporting Bribes o que só doblegou cerca do final do encontro. Dous nomes propios no cadro marelo: Fran, autor do gol no minuto 85 e David. O cancerbeiro detivo un penalti no minuto 65 cando o marcador sinalaba o 0-0 inicial.

Amanecía o día en Sobrado con copiosa choiva traida pola primeira "cicloxénese explosiva" da tempada invernal que fixo que sobre a capital sobradesa caésen máis de 60 litros de auga por metro cadrado.
Era unha incógnita o estado (xa de por sí irregular) do céspede do Municipal de Sobrado. Ó mediodía directivos do noso equipo desplazáronse para ver como se encontraba o terreo de xogo e detectaron que presentaba numerosos charcos nas áreas e na banda máis próxima á grada de espectadores.
Afortunadamente a drenaxe do Municipal vai ás mil maravillas e en cuestión de un par de horas expulsou gran cantidade da auga apozada que tiña.

Logo de unha breve inspección a cargo do colexiado e representantes dos dous conxuntos decidiuse que o terreo de xogo era apto para a disputa do encontro.

Ambos equipos presentaban baixas significativas: no cadro visitante o seu máximo goleador Jacobo e tamén  Óscar eran baixas por sanción. O noso plantel tampouco podía contar co máximo artilleiro Naveira por motivos persoais, o igual que tampouco puido xogar o capitán Esteban lesionado. Ademáis foron baixa: Pedro, Jorge e Javi tamén por motivos persoais.

A primeira ocasión do encontro tería o que a postre sería o único goleador do partido, Fran, nun gran remate onde o porteiro do Sporting Bribes obsequiou ó respetable con unha grandísima parada a man cambiada.

Chino estivo a piques de abrir a lata nun excelente lanzamento de falta raso pegado o pao que o cancerbeiro visitante desbaratou.

Volveríao a intentar o C.A.S.X. nun lanzamento desde fora da área de Mario Varela que se foi alto por pouco.

Jaco tería o gol nas súas botas nunha boa internada por banda dereita que un defensa visitante despexou inextremis a córner cando xa se cantaba o primeiro gol no municipal.

Por parte do Bribes o perigo chegaba a balón parado en faltas e córners. O lanzamento máis perigoso foi un tiro lonxano de libre directo do xogador número 4 que se foi preto da portería de David con unha potencia increible.

Así se chegou o descanso co marcador inicial de empate a 0 goles.

Seguiríao intentando o Atlético Sobrado noutro lanzamento de Mario Varela que andivo de novo rozando o gol.

A xogada clave chegaría no minuto 65 nunha contra visitante, o dianteiro viola, en loita con Maikel cae dentro da área e o colexiado decreta penalti e cartón para ó noso defensa.

Ahí surxiu a figura de Samu, porteiro suplente, que rápidamente apurou a ir detrás da portería  na que se ía lanzar o penalti e decirlle a David por onde ía tirar o xogador visitante a pena máxima. A alongada sombra de San David erixiuse en protagonista do encontro nunha boa estirada na que rexeitou o esférico e finalmente a defensa marela desviou o balón a córner.

Esta acción tivo un antes e un despois no encontro, o C.A.S.X. ferido no orgullo comezou a levar máis perigo, con un Chino que na segunda metade se votou o equipo a espalda e se encargou de levar o peso do xogo marelo dando, a pesares do estado do terreo de xogo, unha exhibición de como se xoga ó fútbol.

Precisamente nun bo pase interior de Chino, Dami arranca man a man co porteiro visitante que sal a desesperada fora da área, Dami regatea ó cancerbeiro e éste comete unha clamorosa falta cando o habilidoso punta sobradés xa se dirixía so cara a portería. O colexiado decretou a falta pero increiblemente so amosou cartón marelo para estupor da xente que no Municipal de Sobrado se congregaba. O regulamento dio moi claro: ocasión manifesta de gol, último home, é cartón vermello directo.

Seguiu o C.A.S.X. insistindo en ataque e encontraría o premio no minuto 85 nun balón morto que Fran se encargou por fin de mandar ó fondo da rede nun sutil golpeo de balón. Era un gol que se podía considerar case que definitivo, xa se falara no descanso que o marcara gañaba e así foi. O Bribes tivo unha última ocasión nun lanzamento escorado dentro da área do seu dianteiro que David abortou unha vez máis.

Así o colexiado decretou o final do encontro coa victoria número 12 do cadro de Hassan no campionato ligueiro. A Máquina Amarilla suma xa 16 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota.

Esta victoria chega acompañada de boas novas: serve para gañarlle o golaverage particular ó Sp. Bribes distanciando en 11 puntos máis a diferencia de goles o equipo de Cambre. Ademáis onte o 2º clasificado Cire Melide empatou en Carral polo tanto a diferencia cos de Melide sube ata os 6 puntos. Pero non acabaron ahí as boas novas, o 3º clasificado, o Mesía empatou inextremis onte en Toques polo que a distancia co equipo branco e azul vaise ata os 8 puntos.

Para a semana o equipo de Sobrado visita o Campo de A Senra do ACD Poulo. Ó longo da semana iremos analizando ó próximo choque.

Un saúdo

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: