martes, 15 de xaneiro de 2013

Felicidades PABLO!!!

Hoxe o "killer" do Atlético Sobrado Pablo Naveira está de aniversario. A máxima referencia da Máquina Amarilla en ataque cumple 22 anos e desde aquí queremos adicarlle un espazo especial a esta auténtica gacela que amosa a súa velocidade e o seu olfato goleador por cada terreo de xogo que pisa. De momento van 11 goles en 16 partidos pero Naveira non é conformista e quere máis goles.

CURRICULUM:

Pablo Naveira López naceu un 15 de xaneiro de 1990 en Teixeiro (Curtis).

Comezou desde moi pequeno nas Escolas Deportivas de Fútbol Sala do Concello de Curtis.

Olleadores do Imperator O.A.R. de A Coruña virón que aquel neno apuntaba maneiras e decidiron convencelo para fichar por este clube.

Logo da estancia no clube herculino Pablo chega o equipo xuvenil do Club Atlético Sobrado Xuventude na 1ª tempada de existencia da categoría. O rendemento de Naveira foi sobresainte sendo o pichichi do equipo todas as tempadas que estivo nesta categoría. Nesta época Lito faino debutar co Atlético Sobrado senior como mostra da confianza que desde o cadro técnico se tiña en Pablo.

O último ano de xuvenil decidiu formar parte do C.C.D. Curtis co cal ascendeu a 1ª Autonómica.

Logo de esa tempada recala de novo no Atlético Sobrado para formar xa parte a todos os efectos do equipo senior do noso clube.

CARACTERÍSTICAS:

Movilidade, xogo aéreo, gol, brega constante, velocidade, técnica..., esgótanse os adxectivos para definir a Pablo Naveira. Un xogador moi completo que tanto pode xogar como punta de lanza, de segundo dianteiro ou caido a calqueira das dúas bandas. Posee un salto de cabeza prodixioso que fai que moitos defensas con máis envergadura teñan auténticos pesadelos co "10" marelo.
O gol é outra das características máis reseñables na súa carta de presentación. No último ano como xuvenil marelo marcou preto de 40 goles, algo que deixa ben as claras a capacidade goleadora de Pablo.
Ademáis de marcar, Naveira tamén asiste, calqueira que o vexa xogar darase conta que non é un ariete "o uso" que as veces soen pecar de egoismo senón que o dianteiro de Teixeiro soe optar moitas veces polo pase en vez do tiro en claras posicións de disparo intentando buscar sempre a mellor opción para o equipo.
A vaselina é outra das señas de identidade de Pablo, (no vestiario algún que outro xogador o apoda o "vaselas") pois é común que Naveira tire de este recurso máis de unha vez por partido.
En definitiva, un xogador polivalente que deixa a alma en cada partido e que se adapta o estilo de xogo que Hassan predetermine para cada partido.

ALGUNHAS FOTOS DAS SÚAS ETAPAS COMO XOGADOR MARELO:

Naveira a tempada pasada encarando ó porteiro do Brexo Lema B nunha xogada que acabaría en gol
Facendo un sombreiro a un rival fronte ó Encrobas esta tempada (xogada marca da casa)
A calidade de Naveira desquicia tanto os defensas rivais que as veces a única maneira de paralo é tirando o chan
Xuveniles 2007/2008 Pablo é o cuarto de pé comezando pola dereita
Outra foto da 2007/2008 Naveira é o terceiro de pé comezando pola esquerda

DESDE O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE DESEXÁMOSCHE MOITAS FELICIDADES PABLO!!!

Ningún comentario: