mércores, 16 de xaneiro de 2013

Xornada 17: A Previa


Emocionante e difícil partido o que se presenta o próximo sábado 19 de xaneiro a partires das 17.00 horas no Municipal de Sobrado.

Visita o noso feudo o Sporting Bribes C.F. de Cambre. O equipo viola ocupa neste momento a 5ª praza empatado a 29 puntos co 4º clasificado a SD Pontecarreira.

No partido de ida xogado no Campo de Lendoiro o resultado fora de empate a 1 gol. O Atl. Sobrado adiantaríase no marcador por mediación de Naveira e perdoaría claras ocasións de gol errando varios man a man co porteiro e incluso permitíndose errar un penalti. O empate dos locais chegaría a 9 minutos do final.

O conxunto que adestra Arcay gañou 9 partidos empatou 2 e perdeu 5 sumando un total de 29 goles a favor (5º equipo máis goleador) e 19 goles en contra (o 4º equipo que menos goles encaixa).

Os números do Sporting Bribes a domicilio son de 3 victorias (0-1 en Mesía, 1-3 en Encrobas e 1-5 en Toques), 1 empate (0-0 en Melide) e 3 derrotas (2-1 en Abellá, 2-1 en Vizoño e 3-0 en Pontecarreira). Sumando un total de 11 goles a favor e 9 en contra.

Vistos estos números dámonos conta de que xa visitou os 7 primeiros clasificados (a falta do partido do que estamos a falar) acadando un total de 10 puntos de 19 posibles (algo máis da metade dos puntos en litixio).

Os máximos goleadores do equipo de Cambre son Jacobo con 10 goles e Facal con 5 dianas, pero o Atl. Sobrado deberá ter en conta non so a estos dous xogadores senón ó resto do equipo pois ten bastante ben repartida a faceta goleadora.

O Bribes destaca por ser un conxunto que lle gusta o bo trato de balón. Un conxunto que foi medrando en resultados conforme foi avanzando a competición de ahí que xa esté en postos de promoción de ascenso loitando por ir subindo escalóns.

Polo que respecta ó Atlético Sobrado, Hassan ten varias dúbidas de xogadores que veñen sendo da partida e que non se resolverán ata o adestramento do venres para saber se finalmente poderá contar con eles ou non.

O equipo marelo volve a casa un mes despois de xogar o último partido contra o Toques no que vencera no  derbi 3-1. Posteriormente tivo que viaxar a Abellá, Vilamaior e Vizoño sumando un total de 7 puntos de 9 posibles.

O Atlético Sobrado levo 8 semanas consecutivas como líder da competición sumando 37 puntos de 48 posibles polo que ata o de agora so deixou escapar 11 puntos. O único que perdeu ata o momento remóntase ó 16 setembro, a primeira xornada ligueira que coincidiu coas Festas na Honra a Virxe dos Dolores e que disputou fronte ó Abellá B.

Partido moi compricado fronte un dos mellores rivais da categoría que para sacar adiante o C.A.S.X. debe afrontar cos 5 sentidos postos no partido intentando impoñer o seu xogo e facendo valer o factor campo.

UNHA VEZ MÁIS ANIMAMOS A TOD@S AQUELES QUE QUEIRAN SEGUIR EN DIRECTO VÍA TWITTER O ATL. SOBRADO XUVENTUDE - SP. BRIBES C.F. QUE SIGAN DESDE AS 16.30 HORAS A CONTA OFICIAL DO EQUIPO: @AtleticoSobrado


Ningún comentario: