xoves, 24 de xaneiro de 2013

Piru cumple ciclo de amonestacións


Piru cumplirá ciclo de amonestacións no próximo partido fronte ó ACD Poulo toda vez que sairan hoxe publicadas na web da Federación Galega de Fútbol www.futgal.es as sancións correspondentes a pasada xornada.

O lateral esquerdo marelo viu o 5º cartón marelo da tempada o pasado sábado no encontro que enfrontou o Atlético Sobrado e o Sporting Bribes.

Piru será o 3º xogador marelo que teña que cumplir ciclo de amonestacións tras Esteban e Chino.

Recordamos que o Atlético Sobrado tan so leva unha expulsión esta tempada, a que sufriu o porteiro David no partido de Abellá nunha falta o borde da área sobre o pichichi da competición Rivera na que foi expulsado con cartón vermello directo ó considerar o colexiado que era ocasión manifesta de gol.

No bando do Poulo tamén hai un sancionado, concretamente Gonzalo Pulleiro Juncal. Así pois ningún das dúas escadras poderá dispoñer de todos os efectivos.

Ningún comentario: