mércores, 23 de xaneiro de 2013

Xornada 18: ACD Poulo - C.A.S.X. (A Previa)


Partido trampa o que agarda o vindeiro domingo no Campo de A Senra - Poulo - (Ordes) ós pupilos de Hassan.

O líder da competición, a Máquina Amarilla, visita ó feudo do colista do Grupo III de 3ª Autonómica nun partido que a priori pode parecer fácil pero a continuación pasamos a explicar as dificultades que se vai encontrar o Atlético Sobrado.

A tempada pasada, logo de 8 tempadas sen gañar en Poulo o equipo de Hassan conseguiuno levándose o encontro 0-2 con goles de Chino de penalti na primeira metade e de Maikel no segundo tempo. Pero este é un campo maldito para o C.A.S.X e para outros moitos equipos.

A primeira característica son as súas reducidas dimensións que fai que o partido sexa un ataque continuo tanto nunha coma outra portería. Se o equipo quere gañar en Poulo ten que intentar baixar o esférico e desplegar o xogo que sabe,evitar que o encontro se convirta nun partido de tenis indo o esférico de un lado a outro do campo.
O xogo por bandas é difícil na Senra pois o campo ten unha acusada pendente nestes sectores que fai que o esférico adquira velocidade cara a liña de cal que provoca demasiados saques de banda nos partidos que alí temos xogado.

Imos ter en contra un equipo moi físico e loitador que non da un balón por perdido, que vai moi ben no xogo aéreo ademáis de terlle collida a medida (a pesares dos resultados de este ano como locais) ó seu terreo de xogo.

Unha vez máis os número poden levar a engaño: o ACD Poulo en A Senra sumou 7 dos 8 puntos que ten na clasificación con unha bagaxe de 2 victorias, 1 empate e 6 derrotas pero se imos máis alá e analizamos goles a favor e en contra vemos que non é tan doado gañar en Poulo. O equipo local marcou 13 goles e encaixou 15 así que a balanza está moi equilibrada.

O Mesía, 3º clasificado claudicou neste campo 2-1 e o Carral B, un dos candidatos a meterse nos postos de play off de ascenso saiu goleado 4-0 de A Senra. Outro equipo con moitisimo potencial ofensivo como é o Encrobas so puido marcar un gol alí para acabar empatando o encontro.

Pola contra se analizamos as derrotas vemos que moitas delas foron pola mínima (2-3 contra Pontecarreira, 2-3 contra Abellá B, 1-2 contra Vilamaior, 0-1 contra Cire Melide e 0-1 contra Toques), todos os partidos moi axustados. Tan so o Vizoño B foi quen de gañar por diferencia de dous goles (1-3).

Outro perigo do Poulo son os diversos goleadores que posee xa que os goles non se centran nun so xogador senón que están ben repartidos: Pazos -5-, Pelis -3-, Richo -3- e Javi -3-. Así pois o equipo marelo non  se deberá despistar nin un so intre desde que comece o partido.

No bando visitante haberá variacións na parcela defensiva. Pirulo terá que cumplir ciclo de 5 amonestacións e Esteban non xogará por lesión. Ademáis Miguel Combo segue a ser dúbida; así pois, haberá importantes cambios na zona de contención marela.

Neste partido podería debutar Alejandro Márquez fichado hai case dous meses e que xa está listo para xogar. Outra boa nova é que volve Naveira, o goleador, logo de non poder participar contra o Bribes a pasada xornada por motivos persoais. Pedro tamén podería voltar a convocatoria o igual que Jorge.

O partido comezará as 16.00 horas o vindeiro domingo 27. Como ben sabedes, para quen non poida viaxar co equipo ata Poulo podedes seguir o encontro vía twitter en @AtleticoSobrado conectamos media hora antes do comezo do encontro para dar as aliñacións e as novidades que poidan surxir.


Ningún comentario: