mércores, 6 de febreiro de 2013

Xornada 20: Mesón do Bento CF - C.A.S.X. (A Previa)


A escadra de José Antonio Vázquez "Hassan" visita nesta xornada o campo de "Monte Rojo" para enfrontarse o equipo locatario, o renovado Mesón do Bento C.F.

O equipo marelo afronta o partido logo de incrementar a distancia na táboa clasificatoria a pasada xornada cos seus inmediatos perseguidores. Unha xornada a 19 que saiu prácticamente redonda con moitos dos resultados favorables ós intereses dos marelos.

A distancia do líder Atl. Sobrado con respecto ó 2º clasificado Cire Melide está en 7 puntos e co 3º que é o CD Mesía mantense en 8 puntos logo do empate a 1 gol no Municipal de Sobrado. Ademáis a Máquina Amarilla tamén se distanciou un punto da SD Pontecarreira que perdeu na tarde do sábado fronte ó Tambre CF.

Os únicos equipos que loitan polas primeiras prazas e que reduciron distancias co noso equipo foron Bribes, Toques e Vizoño B.

A visita a Mesón do Vento (ollo, o nome do pobo escríbese con "V" e o nome do equipo con "B") antóxase máis difícil do que a clasificación poida dictaminar.

O xove equipo da terra de Ordes que este ano foi renovado por completo comezou con dúbidas a competición pero co paso das xornadas foi medrando como se prevía. Así pois, nesta segunda volta dos 3 partidos que disputou na casa gañou 2 (2-0 ó Tambre CF e 2-0 tamén a Toques CF), pola contra perdeu 0-1 fronte ó Carral B. Así pois logrou 6 puntos de 9 posibles con 4 goles a favor e tan so 1 en contra.

No partido de ida o resultado foi de 4-1 a favor dos homes de Hassan pero para nada foi un partido doado. O conxunto branco e vermello comezaría adiantandose no marcador no minuto 27 con gol de Pablo Rama e o C.A.S.X. non empataría ata o minuto 45 logo de que Pablo Naveira sufrira un penalti que transformaría Chino. Chegaríase ó final dos primeiros 45 minutos co empate a 1 gol no marcador.
Xa na segunda metade Mario Varela poñería o 2-1 nunha boa xogada de equipo, Mario Novo o 3-1 a saida de un córner e de novo Chino o 4-1 definitivo nunha xogada persoal.

O Mesón do Bento é un equipo que se posiciona ben sobre o terreo de xogo,onde brillan con luz propia dous homes: por un lado Manuel (ex xogador de Vilamaior e Visantoña) que a pesares de levar 2 meses escasos xa é o máximo goleador do equipo con 3 dianas. Xogador de gran velocidade e  magnífico disparo que posee unha zurda prodixiosa. Sen lugar a dúbidas Manuel un dos mellores xogadores da categoría. Por outro lado o cancerbeiro Carro. Un porteiro de unhas prestacións sublimes que é un seguro baixo paos e no man a man.
Pero ademáis o C.A.S.X. tamén deberá vixilar a velocidade de Keko, un interior que é un auténtico coitelo por banda e unha amenaza constante para a portería rival.

O Mesón do Bento terá baixas significativas logo de sufrir dúas expulsións a pasada xornada fronte o Abellá B no campo de "O Vedral". Haberá que ver en que medida lle afecta o xove equipo branco e vermello non dispoñer de todo o plantel.

No bando marelo, Hassan volve a contar con todo o grupo de xogadores dispoñibles e será o venres cando determine a convocatoria dos 16 xogadores que viaxan a Mesón do Vento. O encontro disputarase o Domingo 10 a partires das 16.15 horas (horario oficial de febreiro).

Quedan 7 partidos en liza e agora todos os rivais se xogan algo (incluso os que ocupan as prazas baixas para poder ir escalando postos) así que non haberá ningún partido doado de aquí ata o final da tempada. Se o equipo quere dar a cara ata que remate a Liga debe seguir na liña de traballo que está a facer e que tan bo resultado está a dar.

Quen vos escribe non se vai poder desprazar co equipo por motivos laborais pero buscaremos o medio necesario (intermediari@s) que me vaian contando o partido vía whatsapp e eu intentarei ir colgando tweets coma sempre na conta @AtleticoSobrado para mantervos informados a tod@s aqueles que non vos despracedes esta xornada co equipo.

FORZA C.A.S.X.

#somosamarillos

2 comentarios:

Paul Stanley dixo...

Karl Weick, profesor de Dinámica de las Organizaciones en la Universidad de Michigan, narra un relato verídico en el que muestra la importancia del entusiasmo y la confianza a la hora de hacer frente a la adversidad sobre unas maniobras en los Alpes. Un destacamento húngaro se perdió cuando exploraba una montaña helada. Vagaron durante dos días, estaban congelados y hambrientos, y ya perdían el deseo de seguir.
Entonces ocurrió un milagro: uno de los soldados encontró en su bolsillo un mapa. A partir de ese momento siguieron confiadamente las instrucciones que extrajeron del mapa y consiguieron llegar al campamento. Afortunadamente, sólo cuando estuvieron a salvo se dieron cuenta de que… aquel mapa no era de los Alpes, ¡era de los Pirineos!
Hay muchos que piensan que cuando el entorno es difícil y dinámico, de nada sirve hacer planes, que es mejor no perder tiempo planificando. Nada más lejos de la realidad: el plan no es importante, pero la planificación es imprescindible. El plan es el anclaje que nos hace confiar en la bondad del camino que recorremos. Lo saben muy bien Karnotxo, Hassan, Lato, Pedino, Pazitos, Petete, Negro, Pirulo,Chino, Pichi o Fonsi, que a pesar de las dificultades basan su éxito en una buena planificación.
En estos momentos nada fáciles, pese al liderato, muchos vecinos preguntáis por el futuro del CASX. Para vuestra tranquilidad decir que es febrero, hace frío y estamos en lo alto, aunque no sean los Alpes, pero que no estamos perdidos y que tenemos un buen mapa, que además no es de los Pirineos, es de Sobrado. Y a los muchísimos cómplices que os sentís equipo y apoyáis esta trayectoria, tenemos lo esencial: un plan, confianza y la seguridad total en el éxito de la operación.

¡Ánimo, CASXmpeones!

Anónimo dixo...

¿Non ves?
I was made for loving you.