martes, 26 de marzo de 2013

O Trofeo de Campión de Liga xa descansa na Vitrina



O Trofeo do Título de Campión de Liga que o Club Atlético Sobrado Xuventude recibiu hai 10 días antes do seu partido fronte a SD Pontecarreira xa ocupa un lugar preferencial na Vitrina Central de Cafetería Ramiro.

Ó citado trofeo acompáñano un par de camisetas conmemorativas do título conseguido, así coma recortes de prensa do xornal deportivo Depor Sport e do xornal de información comarcal "Cronicas da Comarca" que adica a súa portada do seu último número ó Club Atlético Sobrado Xuventude e o seu título de Campión. Ademáis na páxina 12 hai unha extensa entrevista co noso adestrador José Antonio Vázquez "Hassan".

O noso Clube quere agradecerlle a Yoly Espido que tivese a deferencia de ubicar o trofeo e os motivos relacionados co C.A.S.X. nun lugar tan especial do seu local.

GRAZAS YOLY!!!



Ningún comentario: