luns, 25 de marzo de 2013

Xornada 26: Broche de Ouro a unha tempada histórica (A Crónica)


O equipo de Hassan vence 1-3 nun dos campos máis complicados da Liga, o Municipal de Toques, contra un rival que dependía de sí mesmo para clasificarse para o playoff de ascenso. O conxunto marelo volveu a ser o das grandes tardes e amosouse letal en ataque. Lección maxistral de Antonio en mediocampo, sen lugar a dúbidas, o motor do partido.

Non puido rematar de mellor xeito o Club Atlético Sobrado Xuventude esta tempada 2012/2013, un curso histórico e para enmarcar con tan so 1 partido perdido (o primeiro de Liga) en 26 xornadas disputadas.

O equipo marelo despideuse da 3ª Autonómica con un partido brillante e volveu a amosar unha vez máis a súa competitividade e "fair play" logo de levar dúas semanas ascendido e disputar partidos contra equipos que loitaban por entrar na Fase de Ascenso. A pesares de algunhas voces que aseguraban que o noso equipo sairía a "non gañar" o encontro de Toques debida a amizade e proximidade dos equipos o C.A.S.X. dou con un canto nos dentes a esas persoas que lles gusta o "falar por falar" e venceu por un contundente 1-3 que ben puideron ser máis se non chega a ser polo cancerbeiro local Cabado nunhas ocasións e a falta de acerto atacante noutras.

O terreo de xogo bastante encharcado non impediu, sobretodo na segunda metade que o C.A.S.X. volvese a amosar porqué foi o mellor equipo da competición exhibindo un gran xogo e unha contra mortífera. 

Antes do encontro o igual que fixera a SD Pontecarreira a semana pasada, os xogadores e adestrador do Toques CF fixeronlle o pasillo de Campión ó noso equipo. Desde aquí agradecer a amabilidade de todos os compoñentes do Toques CF polas súas felicitacións e pola súa acción.

Hassan cambiou o seu esquema de xogo debido as reducidas dimensións do Municipal de Toques pasando a xogar con un 4-4-2 con Samu en portería, Maikel, Pedro, Mario Novo e Esteban en defensa, Anxo, Antonio, Dami e Fran en medio campo e Chino e Naveira en ataque.
Para cambios quedaron David como porteiro suplente, Alejandro, Isma, Miguel Combo e Mario Varela.

A primeira metade comezou con bastante respeto por parte dos dous equipos aínda que pouco a pouco o Atlético Sobrado iría estirando liñas. Abriría o marcador Chino no minuto 22 nun balón que recolleu ó borde da área, o esférico entrou pegado o pao da portería de Cabado.

Samu estaría colosal baixo paos na tarde de onte facendo dúas grandes intervencións na primeira metade que remataron en sendos córners, nun destes córners chegou o empate por parte do Toques nun excelente cabezazo do seu gran dianteiro Bareto que entrou logo de pegar no pao.

Con empate a 1 tanto chegaríase o intermedio.

Na segunda metade o Atlético Sobrado dou un paso o frente e fixo uns segundos 45 minutos para enmarcar con Antonio en plan estrela recuperando e repartindo xogo en medio campo, un encontro de 10.
No minuto 52 o capitán Esteban ía adiantar de novo ó conxunto marelo con un soberbio golazo de falta que se colou por toda a escadra do gardaredes Cabado. A partir de ahí Hassan comezou a mover o banquiño (Foto) e darlle minutos os homes de refresco.

COMPOÑENTES DO BANQUIÑO DE ONTE: de esquerda a dereita DAVID, MARIO VARELA, ISMA, MIGUEL COMBO, ALEJANDRO

No minuto 68 chegaría a primeira expulsión do encontro logo de que Esteban quedase tumbado na súa propia área logo de sufrir un forte golpe, o Toques amagou con tirar o balón fora, o xogo seguiu Esteban intentouse levantar e o Toques seguiu o seu ataque rematando a portería, Alejandro recriminou a acción e formouse unha forte discusión que acabou coa expulsión por cartón vermello directo de Bareto, segundo o colexiado por darlle unha bofetada a Alejandro e insultalo.

Miguel Combo faría o 1-3 definitivo nunha excelente contra e un pase sublime do cerebro Mario Varela que deixou ó lateral reconvertido a extremo man a man co cancerbeiro local, Miguel definiu as mil maravillas mandando o esférico a dormir por terceira vez na tarde a prol do equipo marelo.

No minuto 78 chegaría a segunda expulsión da tempada para o C.A.S.X., Alejandro foise a ducha antes de tempo por unha falta na que viu ó segundo cartón marelo.

Pero non sería a última expulsión, o capitán local Mateo tamén vería o segundo cartón marelo segundo o colexiado por intentar rirse da sinalización de unha falta.

O C.A.S.X ó longo da segunda metade puido lograr máis tantos baseándose na gran velocidade e habilidade de Dami que foi un verdadeiro puñal para a zaga toquense. O extremo sobradés amosou o seu gran repertorio de desbordes pero os ataques non remataron en gol pois os dianteiros marelos perdoaron claras ocasións de gol.

Así rematou o encontro e con él a Liga 2012/2013. A bagaxe do equipo de Hassan é de auténtico ESPECTÁCULO: 17 PARTIDOS GAÑADOS, 8 EMPATADOS E SO 1 PERDIDO. Con 56 goles a favor e 22 en contra, é dicir, 2º equipo máis goleador e 2º equipo tamén menos goleado. Gañoulle o "golaverage" a todos os equipos agás o Abellá B e o Encrobas cos que o ten empatado, non perdeu o golaverage particular con ningún dos 13 rivais.
Promediou un 65,4% dos encontros gañados, un 30,8% dos partidos empatados e tan so un 3,8% dos partidos perdidos.
Marcou un gol de promedio cada 42 minutos e encaixou un gol cada 106 minutos.

Grazas a estes 20 futbolistas e este adestrador por facernos subir ó ceo este ano imborrable e impagable que xa forma historia do clube e do pobo onde chegou o primeiro título Oficial as vitrinas do Clube.
Agradecer o apoios d@s siareir@s que unha vez máis non nos fallaron, e non so esta tempada, senón en tempadas anteriores. Estamos moi contentos de poder darvos a alegría tan grande que supuxo ser CAMPIÓNS e lograr o ASCENSO de categoría.

Facer unha mención especial a Maikel, que onte disputou o seu último partido de marelo (por unha tempada, pois agardemos que cando volva da súa aventura xermana se volva a poñer as botas e nos deleite co seu gran fútbol) agradecéndolle a súa involucración con este clube desde que chegou hai 3 anos. Sabes que estás na túa casa e cando volvas de Alemaña querémoste ver axiña vestido de curto.

Agora tocan vacacións para os xogadores que tan merecidas as teñen. Polo que respecta a Directiva seguiremos traballando para configurar a tempada 2013/2014, intentar competir deportivamente como é o emblema do clube e levar o nome de Sobrado polos 17 lugares que nos toque visitar.

Un saúdo

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS




Ningún comentario: