martes, 27 de agosto de 2013

O debut na 2ª Autonómica será contra a SD San Martiño

Formación da S.D. San Martiño da tempada pasada

O Club Atlético Sobrado Xuventude debutará na 2ª Autonómica o sábado 7 de setembro contra a S.D. San Martiño de A Silva (Cerceda). Un equipo coñecido pois hai 3 tempadas coincidiu no grupo III da 3ª Autonómica.

O equipo marelo estrearase logo do ascenso coma locatario. É máis que probable que o partido se dispute no Campo de "O Carregal" de Teixeiro debido a que o Municipal de Sobrado está en período de recuperación do céspede e ata que non esté totalmente arranxado non se poderán utilizar as instalacións.

Desde o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos darlle as grazas os Veteranos da S.D. y C. Teixeiro polas facilidades dadas ó noso clube para a utilización de "O Carregal".

Ningún comentario: