xoves, 5 de setembro de 2013

O Atlético Sobrado - San Martiño disputarase no Campo "Novo" de Curtis


O Campo "Novo" de Curtis de céspede artificial albergará o partido correspondente a 1ª xornada da 2ª Autonómica Grupo II da Liga 2013/2014 que enfrontará ó noso equipo fronte ó San Martiño S.D.

O céspede do Municipal de Sobrado foi resembrado e aínda non hai unha data concreta para que se poida xogar nel. Así pois, mentres tanto, o Campo "Novo" de Curtis será o "fogar" do Atlético Sobrado Xuventude cando o equipo marelo exerza de locatario.

O partido terá lugar o sábado 6 de setembro a partires das 19,30 horas.

Desde a Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude queremos darlle as grazas ó Concello de Curtis, ó C.C.D. Curtis e os Veteranos de Curtis polas facilidades que nos deron para poder xogar nas citadas instalacións.

En dos días comeza a tempada.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: