venres, 6 de setembro de 2013

Xornada 1: Estreamos Categoría (A Previa)


Mañá será un día moi especial para o noso clube. Logo de un meritorio e exitoso título de campión da 3ª Autonómica na pasada tempada e conseguinte ascenso de categoría o C.A.S.X. debutará mañá na Segunda Autonómica e farao contra un vello coñecido: o San Martido S.D. de A Silva (Cerceda).

Hai 3 tempadas ambos conxuntos militaban na mesma categoría, a última do fútbol autonómico, afortunadamente agora os camiños de ámbolos conxuntos vólvense a encontrar de esta volta nun eslabón máis alto.

O cadro do San Martiño presenta 4 novas caras para a tempada 2013/2014: Toño, o veterano xogador curtido en mil batallas na 2ª B e na 3ª Divisíón volve logo de un ano no Vizoño ó equipo laranxa. Tamén volve Canedo logo de un tempo de parón. Uruguayo e Álvaro son as outras dúas novas altas.

O San Martiño fixo un gran papel a tempada pasada quedando clasificado finalmente na 9ª praza con 44 puntos. 12 partidos gañados, 8 empatados e 14 perdidos foi a súa bagaxe. Destacan os seus 51 goles en contra que supuxeron que o equipo da Silva fora o 4º conxunto menos goleado da competición. Ademáis logrou 47 tantos a favor.

No cadro de goleadores destacou Javi González, o outrora capitán do Bergantiños C.F. segue a ser un perigo a balón parado, os seus 14 goles así o corroboran.


Así pois o xove conxunto de Hassan deberá evitar sobremaneira o balón parado, pois o equipo que estará enfrente une veteranía e efectividade nas xogadas de estratexia. Un equipo corpulento no que o xogo aéreo é un dos seus puntos fortes.

Ademáis da ledicia por debutar na 2ª Autonómica outra gran nova é a volta o equipo de Luis Mato e Alberto Márquez dous xogadores da casa, da factoría C.A.S.X. que volven a vestir o escudo do león. O partido servirá tamén para ver debutar en competición oficial a outras tres novas fichaxes: Isak, Iago Corral e Rive.

O partido, como deciamos onte, será as 19,30 horas no Campo "Novo" de Curtis e será dirixido polo señor David Brun Pintor.

CONVOCATORIA:

Porteiro: David

Defensas: Esteban, Piru, Iago Corral, Mario Novo, Alberto Márquez, Rive

Centrocampistas: Mario Varela, Jaco, Dami, Fran, Anxo, Chino, Isak

Dianteiros: Luis Mato, Pablo Naveira

Ningún comentario: