luns, 21 de outubro de 2013

Xornada 2 (Xuvenil): 9 guerreiros fronte a un exército



Non nos cansaremos de loar o esforzo que están a facer os xogadores do equipo Xuvenil mentres non recuperan efectivos por mor das lesións. Foron 6 as baixas que tivo o equipo marelo onte pola mañá fronte o C.D. Obrero polo que tan so 9 xogadores puideron ser da partida para afrontar a totalidade do encontro.

A semana pasada fixeron unha auténtica fazaña gañando en Arteixo con un xogador menos, de esta volta con 2 efectivos menos calqueira cousa que non fose unha derrota resultaría máis que improbable.

Aínda así, o equipo adestrado onte por Chino foi quen de dar a cara e plantarlle fronte ó C.D. Obrero. O resultado 2-6, froito do cansanzo na segunda metade non da fé do que foi o encontro.

Os dous goles locais serían obra de Marcos Combo que xa suma 3 tantos en competición oficial.

Agardemos que para o próximo partido xa se poidan ir incorporando algúns dos xogadores mancados para poder afrontar por fin un partido 11 contra 11. Este plantel ó completo está chamado a dar grandes tardes de gloria o Atlético Sobrado. Desde aquí agradecer a Jorge, Iago Corral, Christian, Caske, Martín, Tomás Miraz, Antón, Miguel López e Marcos Combo a súa entrega e dignidade de loitar por este escudo a pesares de facelo en inferioridade.

A seguir así máquinas, SODES GRANDES!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: