luns, 21 de outubro de 2013

Xornada 7: Desconto maldito (A Crónica)

De novo o desconto resulta fatídico para un Sobrado que mereceu máis. O xuvenil Pablo Remeseiro priva de puntuar no derbi o equipo marelo no minuto 91. Gran partido local do que non obtivo froitos.

De novo os minutos de desconto foron fatídicos para o Atlético Sobrado. Un Cire Melide a mercede do C.A.S.X. en gran parte da segunda metade levouse unha victoria onde probablemente o reparto de puntos houbese sido o máis xusto.
Erros puntuais algunhas veces e outras por prolongacións esaxeradas privan ata o de agora ó Atlético Sobrado a ter máis puntos do que por fútbol merece. 
Na miña humilde opinión, salvo contra o Portazgo na xornada 2 e na pasada xornada contra o Queixas, o equipo marelo por fútbol mereceu sumar en todos os encontros pero a realidade é que o casilleiro reflicte 4 puntos así pois non queda outra que refacerse e seguir traballando. Con este bo xogo os resultados teñen que chegar e agardemos que sexan axiña.

Hassan comezou de inicio con David, Iago Corral, Alex Márquez, Anxo, Mario Novo, Chino, Mario Varela, Jaco, Fran, Isak e Luis Mato. Para cambios quedaron Miguel Combo, Rive, Naveira e Piru. Foron baixas Esteban, Dami, Antonio e Alberto Márquez.

A primeira parte foi para o Cire, moi ben plantado no terreo de xogo e intentando xogar a bola. Resaltar que no estreo do Municipal nesta tempada por fin podemos presumir de ter un céspede para poder practicar gran fútbol. Seguro que tanto os equipos visitantes coma o noso equipo o agradecerán.

Moi axiña se ía adiantar o Cire, nun gran pase interior de Sergi para Manu, a defensa local pediu fora de xogo varias veces pero Gesto Moral deixou seguir a xogada e Manu resolveu perfectamente no seu man a man con David.

Seguiría dominando o Cire ata a media hora de xogo. No minuto 32 chegou a xogada polémica do encontro, nun centro de Fran no que claramente un defensor visitante lle da coa man o esférico dentro da área pero o colexiado non apreciu pena máxima. O gol do Atlético Sobrado chegaría xusto na xogada seguinte, nunha falta botada polo sábado capitán Chino, que o cancerbeiro Miki non logra atallar e o rexeite quédalle a Luis Mato que establece o empate no marcador. Co 1-1 chegaríase ó final dos primeiros 45 minutos.

A peor nova da tarde chegaría en forma de lesión e tocaríalle a Fran que non está a ter sorte esta tempada nesta faceta. O apoiar a súa perna esquerda logo de un salto de cabeza na loita do esférico o seu xeonllo non respondeu e fóiselle a perna para atrás notando o fino interior dereito un "chasquido". Agardemos que non sexa nada importante e todo se quede nun gran susto.

O Sobrado pouco a pouco foise facendo dono do encontro con un Luis Mato inmenso traballando en banda e no medio campo roubando moitos balóns e facéndollas pasar canutas á defensa melidá. Coa entrada ó campo de Naveira o equipo medrouse máis aínda en ataque e precisamente o dianteiro da canteira do C.A.S.X. tivo 2 boas opcións para desequilibrar o encontro. 1º nunha lanzamento que o gardamallas Miki despexou a córner e a 2ª nunha espectacular xogada persoal na que Naveira desbordou a 4 defensas e realizou un gran lanzamento raso que se foi e milímetros da portería cando os afecionados cantaban xa o gol na grada nunha das que seguramente podería ser unha das accións máis espectaculares de toda a tempada.

Pero o balón as veces é caprichoso, e non quere entrar, desta volta quixo que fora o Cire quen se levara o encontro nunha xogada no minuto 91 onde o xuvenil Pablo Remeseiro aproveitou en errático despexe de Piru para encarar a David e solventar con mestría poñendo o 1-2 e deixando tocado e case fundido o Atlético Sobrado no encontro.

Chegouse ó final do encontro coa derrota no derbi. Un derbi por outro lado do que debo decir que me sinto enormemente orgulloso de todos os xogadores de ambos os equipos así coma dos seus corpos técnicos pola enorme deportividade amosada. Un exemplo do que lle debemos enseñar os máis novos do que moitas veces falamos en que o fútbol ten que servir para unir e facer amizades. Iso é o máis importante.

Así pois logo de este varapao o Sobrado baixa ata a penúltima posición a 2 puntos dos postos que dan a salvación. Para a vindeira semana visita o "Dani Mallo" de Cambre para enfrontarse ó C.D. Sigrás. Rival directo que ten 2 puntos máis na clasificación e que ó igual que o Atlético Sobrado é un recén ascendido logo de gañar a Liga a pasada tempada no Grupo II da 3ª Autonómica.

Seguiremos loitando, quedan 27 xornadas, todo un mundo. Toca cortar a xeira negativa.


Borrón e conta nova

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: