venres, 18 de outubro de 2013

Xornada 7: O Municipal de Sobrado entra en escea no derbi comarcal (A Previa)



Como diría o refrán, "coma na casa en ningún lado!". E así, logo de ter que disputar 3 partidos coma locatario no Campo Novo de Curtis o Atlético Sobrado volve á casa. Mañá estreará neste curso balompédico 2013/2014 un Municipal de Sobrado con céspede renovado que oxalá lle dea grandes tardes de gloria os homes que adestra Hassan.


O convidado para esta "reinauguración" é un vello coñecido e ademáis veciño comarcal: o CIRE Melide C.F. Un CIRE que o ano pasado logrou un merecido ascenso logo de gañar a final do playoff.



Así pois, non cabe dúbida que é unha alegría a de encontrarnos ambos equipos nunha categoría máis alta da que militabamos o ano pasado.



Os azuis chegan a Sobrado con un punto máis que o C.A.S.X. na clasificación: 5. Con unha bagaxe de 1 partido gañado (4-0 fronte o Pastoriza), 2 partidos empatados (2-2 fronte ó Obrero e 3-3 fronte ó Larín) e 3 partidos perdidos (4-3 contra o Santa Cruz, 1-0 contra o San Martiño e 3-0 a pasada semana no campo do Visantoña). Suma 12 goles a favor con Borja (4) e Álvaro (3) como máximos goleadores ata o de agora pola contra suma 13 goles encaixados, os mesmos que o noso equipo.



O equipo adestrado por Popas é unha gran escadra, moi ordeada en todas as liñas e moi ben traballada. Ademáis parece que este ano potenciouse na parcela ofensiva o que o fará un rival máis perigoso se cabe.



Pola súa banda Hassan recupera a algúns homes que a pasada xornada non puideron actuar en Queixas por mor de lesións (Fran, Naveira e Luis) así como Mario Novo logo de cumplir sanción de un partido pola súa expulsión por doble cartón marelo contra o Visantoña.



Quen non estará seguro será o capitán Esteban que segue co seu lento proceso de recuperación de fisura no esternón.



O partido dará comezo as 17,00 horas como antes dixemos no estreo do Municipal de Sobrado e será arbitrado polo señor Alejandro Gesto Moral.

Ningún comentario: