luns, 14 de outubro de 2013

Xornada 6: Boa imaxe pese ós contratempos (A crónica)

Convocatoria do Club Atlético Sobrado Xuventude na tarde de onte fronte ó CCD Queixas reivindicando a "NON MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NORTE".

Non é doado dar a cara cando se visita a un rival coma o CCD Queixas e menos aínda se ese partido se afronta coas baixas de xogadores do calibre de: Esteban, Fran, Luis Mato, Mario Novo, Naveira e Piru. Aínda así o equipo plagado de xente xove dou o do de peito fronte a un auténtico equipazo como é o cadro branco de Cerceda.

Hassan tan so puido contar con 14 futbolistas para este encontro sumando ademáis que Isak xa viña arrastrando problemas físicos e tampouco se atopaba ó 100% para disputar o encontro.

O equipo inicial foi o formado por: David, Alex Márquez, Alberto Márquez, Rive, Iago Corral (xuvenil), Anxo, Mario Varela, Chino, Jaco, Dami e Isak. Para cambios quedaron Miguel Combo, Antonio e Miguel López  (xuvenil).

Aguantou ben o equipo marelo o fulgurante inicio local, con un Queixas volcado en ataque para intentar solventar o encontro o antes posible. Minguilla era un auténtico puñal por banda esquerda que intentaba surtir de balóns os dianteiros Álvaro e Suso. E cando non era Minguilla era a sala de máquinas local con Kevin e Damián a que se encargaba de surtir de perigosos balóns os seus dianteiros.

O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 29 nunha excelente xogada local onde o balón chega en profundidade por banda esquerda a Minguilla que efectúa un preciso centro para que Álvaro convirta o primeiro gol da tarde a pesares de que David case da sacado o remate a queimarroupa.

Coa victoria pola mínima do CCD Queixas chegaríase ó descanso do encontro.

Na segunda metade o CASX foise entonando e comezou a preocupar o equipo local. Cando máis achuchaba o equipo de Hassan os locais aproveitaron a execución de unha rápida falta que foi sacada con moita intelixencia para poñer o 2-0 no marcador. O equipo marelo sitúase na barreira pero os locais que non pediran pasos sacan rápido para deixar a Minguilla so fronte David que non pode facer nada para evitar o 2-0. Estes goles de "pillo" son os que nesta categoría soen dar moitos puntos e moitas victorias. Val para aprender.

A pesares do mazazo o Atl. Sobrado seguiu insistindo para volverse a meter no partido e esta opción chegaría en forma de penalti a favor logo de que un defensa local tocara coa man o esférico dentro da súa área. O encargado de lanzar e transformar o penalti foi Chino. Recurtaba diferencia s o CASX con 8 minutos máis o desconto por diante para poder sacar algo positivo do encontro.

5  minutos máis tarde o Queixas remataría de maneira definitiva coas esperanzas de empate dos marelos logo de que Álvaro nunha rápida contra fixera o 3-1 que semellaba xa definitivo.

Pero aínda habería un gol máis, logo de unha falta sufrida por Miguel Combo ó borde da área, de novo Chino a executaría de xeito maxistral polo medio da barreira poñendo o 3-2. Foi marcar o gol e o colexiado pitou o final no minuto 93 a pesares de haber 6 cambios e ter que entrar un par de veces a asistir xogadores..., parece que os colexiados non se rixen todos polos mesmos derroteiros.

Derrota do conxunto marelo con certo sabor doce pois a pesares dan numerosas e importantes baixas o equipo afronta os partidos con moitas gañas, e as derrotas agás en Portazgo sempre foron pola mínima. Calqueira que vexa xogar ó equipo dase conta que os puntos van a comezar a chegar porque con esa enteireza está claro que o final as cousas saen.

O equipo segue fora dos postos de descenso e para a semana recibe ó Cire Melide C.F., estamos a espera de saber se xa se pode xogar no Municipal de Sobrado esta fin de semana.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: