luns, 14 de outubro de 2013

Xuvenil: Victoria con "10 pares de razóns"


Quedaríanseme curtos os adxectivos para calificar a colosal victoria do equipo Xuvenil que adestra ISMA GARCÍA o pasado sábado no Ponte dos Brozos arteixán.

O equipo marelo comezaba a Liga; debido a mala fortuna en forma de lesións tan so podía facelo con 10 xogadores e aínda por riba tivo que viaxar sen porteiro.

A "Mini Máquina Amarilla" non foi a pasar o trámite nin moito menos senón que foi a competir e vaia se competiu...

Comezou perdendo para finalmente gañar 1-2 goles de MARCOS COMBO e MIGUEL LÓPEZ. 

Compre darlle a noraboa os 10 futbolistas así coma o seu técnico pero é de xusto recoñecemento destacar a labor de TOMÁS MIRAZ que actuou como improvisado porteiro e  que se converteu na estrela logo de amargarlles a tarde os xogadores locais con paradas e máis paradas.

A faceta de porteiro soe presentar un traballo pouco recoñecido pois normalmente é un posto no que en fútbol sempre está mirado con lupa para o malo pero xamáis para o bo. Neste caso Tomás necesita dobre recoñecemento: polas súas paradas que fixeron posible a victoria no debut do equipo e por tratarse de un xogador de campo.

NORABOA A TODO O EQUIPO POR TAN ESPECTACULAR COMEZO, SODES GRANDES RAPACES!!!


#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: