sábado, 26 de outubro de 2013

Xornada 8: C.D. Sigras - Atl. Sobrado (A Previa)


Un Atl. Sobrado moi necesitado de puntos visita ó C.D. Sigrás mañá domingo. O partido disputarase no "Dani Mallo" de Cambre, actual fogar do equipo blaugrana logo de que deixaran atrás a súa época de facer coma locatarios no campo de Ayán.

O Clube Deportivo Sigrás avantaxa en dous puntos ó noso equipo (6), froito de 1 victoria (a da semana pasada en Queixas), 3 empates (1-1 contra o Almeiras, 1-1 contra o Marino e 1-1 contra o Mesía), e 3 derrotas (2-1 contra o Burgo, 0-4 contra o Brexo Lema e 3-1 contra o Portazgo).

A vista de estes resultados non cabe dúbida que estamos a falar de un equipo difícil de doblegar e defensivamente moi ben traballado. A victoria 0-2 en Queixas ou o empate a 1 gol contra o colider Marino de Mera así o demostran.

Os blaugranas teñen moi repartida a faceta goleadora: Cristian Taboada e Andrade (ex do Mesía) con 2 goles cada un son os máximos artilleiros. Carlos Cañón, Rubén Martínez e Yeray teñen no seu haber un gol.

O equipo está adestrado por un vello coñecido, Antonio Cañás, ex tamén do C.D. Mesía que este ano abandoou a disciplina mesiá para enrolarse no C.D. Sigrás.

Pola súa banda o noso equipo afronta o partido con ilusión e tamén con rabia por eses puntos que se están escapando nos últimos minutos ou no desconto. O fútbol que desplega o equipo indica que a Máquina Amarilla debe estar máis arriba na taboa pero este bo xogo, ata o de agora, non se reflicte en resultados. Toca ter calma, e así como os resultados corresponderon ó fútbol a tempada pasada, este ano tamén han de chegar.

Hassan non poderá contar co capitán Esteban, Fran Miraz e Jaco, o resto do plantel está dispoñible.

O encontro comezará as 17,00 horas e estará dirixido polo colexiado Rubén Vázquez Penas.

XUVENIL

O equipo Xuvenil tamén xogará mañá domingo en horario matutino, será as 12,00 horas no Municipal dos Regos en Oleiros contra o Santa Cruz C.F. Agardemos que o adestrador Isma García por fin poida ter 11 xogadores para comezar o encontro logo de 2 xornadas de contratempos.
O colexiado do encontro será Roberto Campos Candal.

Ningún comentario: