luns, 28 de outubro de 2013

Xornada 8: Un punto é un punto (A Crónica)


C.D. SIGRÁS 0 - ATL. SOBRADO XUVENTUDE 0

Sigrás: Carlos, Manuel, Kike, Nachete, Andrade, Nacho, Pepe (Alberto, min. 51), Iván, Cristian, Yeray (Marcos, min. 73) e Rubén (Álex, min. 93)

Atl. Sobrado: David (Luis Ibáñez, min. 46), Alex Márquez, Alberto Márquez (Piru, min.70), Mario Novo, Iago Corral, Dami (Naveira, min. 63), Mario Varela, Chino, Anxo, Luis e Isak (Rive, min. 84)

Colexiado: Vázquez Penas

Campo: Dani Mallo (Cambre)

Crónica:

O Atlético Sobrado acadou un punto na visita que lle rendiu ó C.D. Sigrás. Nun feo e pouco vistoso partido onde o fútbol directo e as desacertadas decisións do colexiado foron o máis destacable de un encontro que non pasará os anais da historia do fútbol.

Tivo 2 boas opcións o Sigrás ó pouco de comezar o encontro en botas de Cristian Taboada e Yeray que David en sendas intervencións se encargou de abortar. En ambos casos, no arranque da xogada os atacantes locais estaban en posición antirregulamentaria pero o colexiado "comeuse o orsay con patacas"

Vázquez Penas terá que facer reflexión do partido que dirixiu onte por que a verdade é que non acertou unha soa decisión trascendente para ningún dos dous equipos. Mal nos foras de xogo, mal na aplicación da lei da vantaxe, mal colocado, por veces impedindo e cortando ataques o situarse en liña de pase..., tarde para olvidar do xove colexiado o que debemos darlle un voto de confianza para que co paso do tempo se centre.

Pasado o susto inicial o C.A.S.X. comezou a achegarse con certo perigo a meta de Carlos. Isak por dúas ocasións: primeiro con un lanzamento moi lexano e logo con un chut de punteira levou o medo á parroquia local. Con pouco máis que contar chegaríase ó descanso.

Na segunda metade de novo o Sigrás saiu con forza. Luis Ibáñez que sustituiu a David no descanso e que debutaba coa Máquina Amarilla fixo dúas boas intervencións para evitar o gol.

De novo co paso dos minutos o equipo marelo foise achegando a meta rival e sería Iago Corral quen tivo a última ocasión do encontro para poder marcar de xogada ensaiada a saida de un córner, o seu lanzamento foise por riba do largueiro.

Así pois chegouse ó final do encontro co marcador inicial, un  punto que ten máis valor do que parece, que sirve para romper a mala xeira de resultados e deixar a portería a 0 logo de 6 partidos sen conseguilo.

Partidos incómodos e con rivais fortes coma o de onte son os que fan medrar ó equipo. 

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: