luns, 28 de outubro de 2013

XUVENIL: Co equipo ó completo todo é posible (A Crónica)


SANTA CRUZ C.F. 1 - ATL. SOBRADO 4

Tivo que ser no terceiro partido de Liga cando o equipo que adestra Isma García por fin puido dispor de 11 xogadores para afrontar o seu encontro.

O equipo marelo viaxou ata Oleiros para enfrontarse ó Santa Cruz C.F. na mañá de onte domingo e o resultado non puido ser máis contundente: victoria 1-4 con goles do pichichi Marcos Combo por partida dobre, Miguel López e Iván que debutaba onte coa "Mini Máquina Amarilla".

Con esta victoria o Atlético Sobrado suma 6 puntos logo de 3 encontros. Pouco a pouco vanse sumando xogadores o equipo que non fai máis que reforzar este gran plantel do que o Atlético Sobrado dispón esta tempada.

Para a fin de semana, o equipo marelo recibe a visita do líder da competición, o C.D. Larín.

Noraboa o equipo Xuvenil

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: