mércores, 30 de outubro de 2013

Copa da Coruña


O Atlético Sobrado terá que xogar este venres a 1ª Rolda da Copa da Coruña. Así pois o noso equipo terá 2 partidos en 24 horas. O 1º contra o Imperator OAR da 1ª Autonómica e o 2º contra o Sporting Cambre en Liga.

Resaltar que o noso clube non quería xogar esta competición e mandou o sábado pola mañá un escrito de renuncia pero esta renuncia non foi aceptada na Federación e advertiusenos que o equipo sería multado con 150€ se non disputaba o encontro.

Ten gracia que nos teñamos que enterar o venres a 1,30 da madrugada grazas a unha persoa do Sporting Cambre que temos que xogar Copa e tamén que ata onte non se nos envíe o calendario co sorteo..., a palabra para designar todo isto é doada: RECAUDAR.

Tamén ten gracia que desde a Federación Galega de Fútbol elixan a data do 1 de novembro (venres) para disputar una rolda de Copa, que so lle interesa a uns poucos clubes, sabendo que moitos equipos teñen partido ligueiro o sábado...

Cando houbo eleccións á Presidencia da Federación Galega de Fútbol ben que se nos molestou os equipos para que fosemos votar a favor de Liñares e se nos comentou que de entrar a nova directiva (que o final entrou) ían cambiar as cousas para ben dos equipos.

Polos feitos que levamos nesta lexislatura, lonxe de axudar o que se está é a perxudicar os clubes, a desinformar e a facer todo "a torera" segundo lles parece a eles.

O Atlético Sobrado sairá a competir este encontro máis sempre coa cabeza metida no partido do día seguinte contra o Sporting Cambre de Liga que é 1000 veces máis importante para o equipo.

O partido será as 17,00 horas no Municipal de Sobrado e o encontro é a partido único.

Ningún comentario: