venres, 1 de novembro de 2013

Xornada 9: Atl. Sobrado Xuventude - Sp. Cambre (A Previa)


Haberá que ver como responde o equipo marelo ó partido da 9ª xornada logo de que tan so 24 horas antes teña que afrontar un partido de Copa da Coruña contra un esixente rival de 1ª Autonómica como é o Imperator OAR. Non imos volver a comentar o ben que organiza as Competicións a Federación Galega de Fútbol por que sería redundar outra vez sobre o mesmo...

O Sporting Cambre chega a Sobrado situado en metade de táboa, concretamente na 10ª posición sumando 11 puntos logo de 3 victorias, 2 empates e 3 derrotas.

Polos seus números vese que sabe rentabilizar perfectamente os goles que marca (9). Con esa cifra de goles acadar 11 puntos non está nada mal e iso é debido a que defensivamente é un dos conxuntos máis fortes e traballados da Competición, con tan so 8 goles encaixados o que o convirte na segunda escadra menos goleada da competición por detrás do Marino de Mera.

Os máximos goleadores do equipo branco son ata o de agora Juan Uzal con 3 e Alex Cao con 2, pero haberá que ter tamén especial atención con Gomis do que todo o mundo fala auténticas maravillas e que ata o de agora leva 1 tanto no seu haber.

O rival que nos visita mañá entraba en todas as quinielas desde pretempada para estar entre os favoritos ó ascenso. Logo de un irregular comezo parece que empezou a ter "feeling" coa competición. 

Seguramente o Cambre virá co coitelo entre os dentes logo de perder 2-0 fronte o Cire Melide. Esta derrota cortou unha xeira positiva de 2 victorias (1-2 en Larín / 3-0 contra Visantoña) e un empate a 0 goles contra o San Martiño.

Pola súa banda Hassan non poderá contar co capitán Esteban que sigue lesionado o igual que Fran. Luis Ibáñez tampouco estará dispoñible para este encontro por motivos persoais.

A pesares de que hai algúns xogadores "tocados" mañá estarán dispoñibles para o míster sobradés para intentar seguir sumando e facer bo o punto logrado a semana pasada contra o Sigrás.

O partido comezará as 17,00 horas no Municipal de Sobrado.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

XUVENIL: o equipo que adestra Isma García e que a pesares das moitas dificultades tan bo inicio de campaña está a facer recibe maña as 12,00 horas no Campo Novo de Curtis ó líder da Competición, o C.D. Larín, que ten 3 puntos máis na táboa que a "Mini Máquina Amarilla". Parece que pouco a pouco se van reintegrando efectivos no cadro marelo. Ogallá mañá nos brinden un gran encontro.

Ningún comentario: