luns, 4 de novembro de 2013

Copa da Coruña: Suicidio do Atlético Sobrado


Atl. Sobrado 3 (Miguel Combo 2, Piru) - Imperator OAR 5

O Atlético Sobrado dou na tarde do venres unha auténtica lección de como 5 minutos auténticamente desastrosos poden tirar pola borda o traballo de todo un partido.

Destacar o gran partido de varios dos xogadores xuvenís que debutaron co primeiro equipo e de Miguel Combo, que amén de marcar dous golazos desde lonxana distancia estivo perfecto en defensa, sobretodo na primeira metade.

Comezaron ben as cousas para o C.A.S.X. con un soberbio gol de Piru no minuto 13 desde a frontal da área de volea.

Axiña empataría o equipo da Coruña e posteriormente poñeríase por diante.

Xa na segunda Miguel Combo con unha lonxana falta que toca na barreira para posteriormente tocar no largueiro e entrar faría o empate a 2 goles.

O Imperator OAR xa con todos os cambios feitos sufriu a lesión do seu gardameta nunha desafortunada caida, quedando con 10 e tendo que ser un xogador de campo o que fixera as veces de porteiro. Ese mesmo xogador sufriu unha entrada fortuita de Miguel Combo e tamén tivo que ser retirado fora do terreo de xogo. O Imperator afrontaba a última fase do encontro con dous xogadores menos.

E ahí chegou o astío, o conformismo, a deixadez do equipo local que creeuse ter o partido feito sen correr e así chegaron 3 xogadas calcadas: pase interior cos xogadores do Atlético Sobrado mirando e man a man contra David. 3 goles en menos de 5 minutos con dous xogadores menos sobre o terreo de xogo: INCOMPRENSIBLE.

Xa no desconto Miguel Combo de novo desta volta escorado a banda dereita maquillaría o resultado co 3-5 final.

Acabouse a historia na Copa para o C.A.S.X. e agora toca centrarse en Liga.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: