venres, 22 de novembro de 2013

Xornada 12: S.D.C. Pastoriza - Atl. Sobrado Xuventude (A Previa)



O Atlético Sobrado visitará o Municipal de Oseiro pasado mañá (domingo) para enfrontarse o equipo local, a S.D.C. Pastoriza. O encontro comezará no horario oficial do mes de novembro, as 16,15 horas.

Nova oportunidade do equipo marelo para reencontrarse con unha ansiada victoria que xa mereceu en partidos anteriores pero que non da chegado. O conxunto adestrado por Hassan non abandoará o seu empeño de sumar de 3 en 3.

Será un duelo na parte baixa da táboa, penúltimo contra último con tan so un punto de diferencia a favor dos locais.

O Pastoriza suma 6 puntos froito dúas victorias contra Cambre (2-1) e Mesía (2-1). Suma ata o de agora 9 derrotas e pasa por ser o equipo da categoría que máis partidos perdeu.

Os seus máximos goleadores son Dani e Edu con 3 tantos cada un, un escalafón por detrás atópanse Manute e Diego con 2 goles.

No cadro de Hassan causarán baixa Chino por acumulación de amonestacións e Naveira por motivos persoais. O resto do equipo está dispoñible para este trascendental partido.

XUVENIS: PAIOSACO - ATL. SOBRADO XUVENTUDE

Espectacular o inicio de campaña que está a protagonizar a Minimáquina Amarilla da man de Isma García. Nesta 7ª xornada o conxunto marelo visitará mañá "A Porta Santa" de Paiosaco para enfrontarse o colista da competición que suma os 6 partidos por derrotas con 10 goles a favor e 38 goles en contra.

O noso equipo xuvenil está situado na 4ª praza da clasificación con 4 victorias e 2 derrotas con un total de 20 goles a favor e 17 goles en contra.

SORTE PARA AMBOS CONXUNTOS, DAME O PRESENTIMENTO QUE VAI SER UNHA XORNADA CON DOBLETE DE VICTORIAS.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: