luns, 18 de novembro de 2013

A Xornada: unha de cal e unha de area


Por segunda semana consecutiva debido a motivos persoais non puiden estar á beira de este gran clube que é o Club Atlético Sobrado Xuventude. Confío en que en vindeiras datas me poida incorporar a actividade do mesmo. Así pois e unha vez explicado isto tan so poderei facer un pequeno resumo.

SENIOR: Atl. Sobrado 2 - Sporting Burgo 3

O equipo senior segue sen sorte nos resultados e caeu derrotado 2-3 con doblete de Isak. O pao e o longueiro en sendos tiros de Isak evitaron que o equipo que adestra Hassan se puidese levar a victoria contra o Sporting Burgo. O descanso chegouse con 0-2, ó pouco de inicarse a segunda metade reduciría distancia Isak que foi sen dúbida o mellor xogador do encontro. Ampliaría vantaxe o Burgo e xa no tempo de desconto de novo Isak marcaría para o C.A.S.X.
Non debemos desfalecer pois os resultados chegarán, o equipo traballa ben e sabemos que o deporte é de rachas, no momento en que a fortuna nos comece a sonreir outro galo cantará.

XUVENIL: Atl. Sobrado 6 - S.E. Abellá S.D.C. 5

Nova victoria do equipo xuvenil no seu estreo no Municipal de Sobrado. A minimáquina amarilla gañou nun partido tolo ó Abellá polo inusual tanteo de 6-5, máis propio de outras modalidades deportivas.
Polo conxunto marelo marcaron Marcos Combo en dúas ocasións, Tomás Miraz, Miguel López, Millares e Iván Núñez.
Con esta victoria o noso equipo xa é cuarto clasificado a 6 puntos do líder Obrero.

Ningún comentario: