luns, 11 de novembro de 2013

A Xornada: victoria xuvenil e derrota senior


Por motivos persoais non puiden asistir os partidos de esta fin de semana así que no canto do habitual resumo este verase reducido de xeito notable.

XUVENIL: Sp. Burgo 1 - Atl. Sobrado 4 (Iván 2, Marcos Combo 2)

Repaso MAIÚSCULO do equipo marelo en terreo alleo. Dúas notas tristes: 1º as agresións que sufriron os nosos xogadores ante un conxunto que non soubo encaixar a derrota. As citadas agresións non so foron por parte de xogadores rivais senón tamén de unha persoa do público e o máis triste: do Delegado de Campo que se supón que ten que velar pola seguridade dos protagonistas do encontro. 2º O colexiado: un chavalín que fixo a vista gorda e que non reflicte as agresións. Estaría ben que se non lles gusta a arbitraxe que a deixen para outr@s que sí que soñan con arbitrar e progresar nesta faceta.

SENIOR: Culleredo 4 - Atl. Sobrado 0

Partido para olvidar en todos os aspectos: goleada en contra, penalti errado, gol en propia porta, dúas expulsións... e colexiado lamentable e mentiroso.

Adiantariase o Culleredo con un penalti que outro imberbe colexiado se sacou da manga por, según él, man de un home da barreira ó saque de unha falta...
Con ese resultado chegaríase ó descanso.
O principio da segunda metade o Culleredo faría o segundo gol. Minutos despois o Atl. Sobrado reclama un claro penalti por man dentro da área, Pablo Naveira di "esto es de puta coña" e o colexiado expulsao con cartón vermello directo decindo que insultara a súa nai.
Alejandro sería expulsado 3 minutos despois.
Ampliaría a renda o Culleredo con dous goles máis (un deles de Rivera en propia porta). Para rematar unha actuación colosal, o colexiado inventouse un penalti a favor nosa co agallo de compensar (maldita palabra) que foi errado.

Está claro que un 4-0 é un resultado contundente e que debe servir para reflexionar e intentar adaptarnos o antes posible á esixente 2ª Autonómica máis eso non exime a grave actuación do colexiado. Un señor que minte escribindo unha acta non pode arbitrar, se queren gañar 20 euros que se poñan na Praza de Pontevedra a pedir pero que non veña tocar a moral dos equipos. Onte tocounos a nós e outras xornadas xa lles tocou a outros equipos. O nivel da arbitraxe esta tempada baixou enormemente, e non o digo eu, non hai máis que ver os foros de fútbol aficionado e as queixas de diversos equipos. Desde o Comité de Árbitros deben reflexionar por que algo non vai ben e débense dar conta que parte da nova remesa que entrou a arbitrar non veñen pola amor a arbitraxe senón por outras causas. Se mandan informadores os partidos daranse conta...

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: