luns, 4 de novembro de 2013

Xornada 9: Demasiado Cambre para o C.A.S.X. (A Crónica)

Atl. Sobrado 0 - Sp. Cambre 2

O Atlético Sobrado veuse superado por un Sporting Cambre que sentenciou cerca do final pero que o puido facer moito antes.

O equipo cambrés moito mellor asentado sobre o terreo de xogo doblegou ó noso equipo en todas as facetas de xogo.

O primeiro gol chegaría nunha boa xogada por banda dereita de ataque visitante que centra Juan Uzal e remata o espigado dianteiro Gomis para facer o 0-1

Xa na segunda metade, David faría de salvador en varias ocasións con paradas increibles que permitiron que o C.A.S.X. seguira dando síntomas vitais.

Naveira, na mellor xogada local en todo o encontro estivo a piques de empatar o partido nun excelente remate de cabeza que o público cantou gol pero que unha fenomenal estirada do gardamallas visitante evitou o empate despexando a córner milagrosamente.

Volvería a ter o Atlético Sobrado a oportunidade de empatar nun penalti sufrido por Alejandro que Alberto se encargou de lanzar pero o cancerbeiro visitante acertou a traxectoria do lanzamento detendo o esférico.

Xa cerca do final, Juan Uzal nunha contra de libro do Cambre poñería o 0-2 definitivo.

Agora toca levantar a cabeza e pensar no seguinte encontro. Sabíamos que loitar pola permanencia en 2ª Autonómica non ía ser doado pero queda moita liga e toca coller impulso. Para a semana visitamos ó Culleredo. Agardemos un mellor resultado.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS 

Ningún comentario: