martes, 7 de xaneiro de 2014

Xornada 17: decisións que condicionan




Marino de Mera 4 - Atl. Sobrado 0

O Atlético Sobrado saiu goleado da súa visita a casa do líder o Marino de Mera. O partido durou 17 minutos que foi o que aguantou o C.A.S.X. con 11 homes sobre o terreo de xogo.

Corría o minuto 15 cando o Marino de Mera se adiantou no marcador, 2 minutos despois ampliaría vantaxe nunha xogada polémica na que os xogadores marelos reclamarían agriamente un claro fora de xogo. Na protesta do segundo gol Alberto foi expulsado con cartón vermello directo por facerlle observacións ó colexiado.

Na segunda metade o Marino ampliaría vantaxe de novo en fora de xogo (mala tarde do colexiado) e xa chegando o final do encontro marcaría un soberbio golazo para poñer o 4-0 final.

O Atlético Sobrado presentouse o partido moi mermado con tan so 12 efectivos por mor de un virus gripal que está a afectar a poboación desde hai uns días.

Agora toca facer borrón e conta nova para afrontar o partido do domingo na visita á Silva (Cerceda) para xogar contra o San Martiño.

Ningún comentario: