venres, 10 de xaneiro de 2014

Xornada 18: San Martiño SD - Atl. Sobrado Xuventude (A Previa)



Chegóuse o ecuador da competición co Atlético Sobrado situado na derradeira praza da clasificación pero con clara melloría nos últimos encontros a pesares da goleada encaixada fronte ó líder na pasada xornada.

O domingo comeza a segunda volta da Liga, visitaremos o San Martiño, rival co que comezamos a Liga conseguindo unha magnífica victoria nas postrimerías do encontro froito de un penalti sufrido por Iago Corral e transformado por Chino.

O C.A.S.X. viaxa a Silva con baixas moi sensibles: Miguel Combo e Alberto son baixa por sanción mentres Esteban será baixa por lesión. Tamén será baixa Anxo. É dúbida ata última hora Mario Varela con molestias.  O partido comezará as 16,00 horas.

O San Martiño está situado na metade da táboa (9º) e suma ata o de agora 24 puntos, con 6 victorias, 6 empates e 5 derrotas. Ten un total de 23 goles a favor por 29 en contra. Os seus máximos goleadores son Marcos Casas con 6, Javi González 5 e José 4.

Deberá estar moi atento o conxunto marelo as xogadas de estratexía do conxunto do concello de Cerceda pois é un dos mellores da categoría nesta faceta. Ademáis as reducidas dimensións do terreo do San Martiño fan que o balón parado cobre vital importancia.

Xuvenil: San Tirso - Atl. Sobrado

Os xogadores de Isma García viaxan mañá ata o concello de Mabegondo para enfrontarse ó San Tirso tamén a partires das 16,00 horas.

SORTE OS DOUS CONXUNTOS!!!


Ningún comentario: