martes, 14 de xaneiro de 2014

Xornada 18: Coa mel nos beizos (a crónica)


De novo 2 goles en 2 minutos no primeiro cuarto de hora fan baldío o traballo  do Atlético Sobrado no resto de partido. O San Martiño sentenciou no desconto cun gol en situación claramente antirregulamentaria.

SAN MARTIÑO S.D. 3 - ATL. SOBRADO XUVENTUDE 1 

Marcos Casas                   Chino
Jose
Marco

2 despistes nos minutos 14 e 15 da primeira parte fixeron que o conxunto marelo arrastrase unha desvantaxe importante o pouco de comezar o encontro.

Marcos Casas no minuto 14 con un gol de falta directa e Jose en posición dubidosa no minuto 15 puxeron en vantaxe o San Martiño nas súas duas primeiras chegadas. Ata ese momento o C.A.S.X. aportara máis en ataque o encontro pero ser resultado.

Sería Chino no minuto 32 quen recurtou distancias nun lanzamento desde a frontal da área logo de un rexeite a saida de un córner.

Co 2-1 chegaríase o descanso deixando o Atlético Sobrado unha sensación de poder levar algún gol máis no marcador.

No primeiro cuarto de hora da reanudación o noso clube sufriu claros despistes do colexiado (foras, faltas a favor que se volvían en contra...) pitando toda e canta xogada había a favor do San Martiño, incluidos os berros por un par de patadas ficticias que o seu lateral esquerdo se inventou e nas que o trencilla picou.

Na segunda metade os conxunto marelo foi moito mellor que o seu rival, David nun man a man co porteiro local tivo o empate a 2 pero o cancerbeiro do San Martiño nunha expectacular actuación desviou o lanzamento a córner. O adestrador local viu que o partido se complicaba e mudo de esquema de xogo introducindo unha liña de 5 en defensa para intentar deter as afrontas do Atlético Sobrado.

Xa no desconto nunha contra, Marco, nun clarísimo fora de xogo que o colexiado non viu sentenciaría o encontro.

Boa imaxe unha vez máis do equipo a pesares das numerosas baixas: Esteban, Miguel Combo, Alberto, Anxo, Antonio, Naveira, Dami e Rive. Magoa que esta boa imaxe non se reflicta en resultados por que en moitos encontros este equipo merece máis en canto a xogo do que consegue en puntos. Seguiremos loitando por manternos.

ONCE INICIAL: Luis Ibáñez, Jaco, Ale, Mario Novo, Piru, Iago Corral, Chino (c), Fran, Isak, Luis Mato (65`), David.
BANQUIÑO: Mario Varela (65´)

Tarxetas: Ale (T.A.)

XUVENIL: SAN TIRSO 4 - ATL. SOBRADO 3

Derrota da minimáquina amarilla que comezou perdendo 2-0 e chegou a remontar ata estar 3-3 no marcador pese a afrontar o partido con 11 xogadores (Miguel López mancado). Os goles do equipo xuvenil foron obra de Miguel López, Marcos Combo e Javi Caske

Ningún comentario: