venres, 17 de xaneiro de 2014

Xornada 19: Atl. Sobrado Xuventude - Portazgo S.D. (A Previa)



Mañá a partires das 17,00 horas chega ó Municipal de Sobrado o 3º conxunto máis goleador da categoría, o Portazgo S.D.

O equipo branco e vermello está a cuallar unha magnífica temporada, situado na 4ª posición empatado a 29 puntos co Sporting Cambre.

No partido de ida, o Atlético Sobrado sucumbiu 3-1 no partido xogado no Carrizo a fin de semana das festas dos Dolores, aló polo mes de setembro.

O Portazgo é un conxunto que gusta do bo trato de balón, con moita versatilidade ademáis de velocidade nas bandas e con un plantel moi compensado. 

Os 29 puntos que antes citabamos resúmense en 9 victorias, 2 empates e 7 derrotas (5 delas fora da casa) que é onde parece que baixa un pouco o seu rendemento. De todos os xeitos estas 5 derrotas foron en feudos difíciles como Mera, Queixas, Culleredo, Cambre e Lema.

Suma 40 goles a favor por 34 en contra. Un dos puntos a destacar do equipo branco e vermello é a facilidade de moitos xogadores para facer gol xa que teñen a faceta moi repartida. Dani (un espectáculo de futbolista) con 8 é o seu máximo goleador, sigueo Luis con 6, Quintela con 5, Checa con 4 e Kun, Matías e Marcos Cousillas con 3.

Deberá estar moi atento o C.A.S.X as contras vertixinosas dos visitantes, pois nun campo de amplas dimensións como o Municipal o seu fútbol pódese ver favorecido.

Hassan terá a baixa segura de Miguel Combo.

XUVENIL: Atl. Sobrado - Oza dos Ríos C.F.

O equipo xuvenil disputará o seu compromiso mañá as 11,00 horas tamén no Municipal de Sobrado contra o Oza dos Ríos C.F. Agradecer a predisposición do Oza para poder xogar neste horario.

Ningún comentario: