venres, 24 de xaneiro de 2014

Xornada 20: CD Larín - Atl. Sobrado Xuventude (a previa)


O domingo o Atlético Sobrado visitará o campo de San Roque, fogar de un dos clubes históricos da 2ª Autonómica na zona das Mariñas e Arteixo, o C.D. Larín.

Os branquiazuis están situados nunha cómoda 7ª praza con 29 puntos froito de 9 victorias, 2 empates e 8 derrotas. Ten unha balance de goles a favor e en contra bastante parello: 38 por 37.

Con estas cifras queda ben claro que o C.D. Larín ten un estilo de xogo basado no ataque, pois tan so perdeu 2 partidos o que significa que xamáis se conforma con un punto e vai sempre a polos 3. O que soemos denominar un equipo valente.

Os seus máximos artilleiros son Dani con 8 goles (no partido de ida fixo un hat-trick), Pablo con 6, Galindo con 5 e por último Juanma, Rubén Tuset (ex do Arteixo entre outros) e Balbís suman 3 goles.

No partido de ida disputado no Campo Novo de Curtis tras ir 2-2 no marcador o Larín conseguira a victoria no desconto logo de unha gran galopada de Dani, o que fixemos referencia máis arriba.

O C.A.S.X. chega a este partido logo de unha dolorosa derrota no desconto (e xa van unhas cantas) coma último clasificado pero cos postos de permanencia igual que en xornadas anteriores, a 8 puntos. O equipo está a facer un bo traballo a pesares dos resultados que seguen sendo esquivos. Nalgún momento a sorte cambiará e quen sabe se igual o domingo, nun bo campo para a práctica do fútbol o C.A.S.X. empeza a engrasar por fin a maquinaria.

Para este encontro que comezará as 16,00 horas (horario oficial de xaneiro) son baixa segura Fran Miraz, Rive e Luis Mato por lesión e Luis Ibáñez por asuntos persoais. O resto dos xogadores están dispoñibles para Hassan.

XUVENÍS:

Atl. Sobrado Xuventude - Atl. Arteixo "B"

Comeza a segunda volta o equipo Xuvenil e repetirá de novo como local no Municipal de Sobrado. O equipo que nos visita será o Atl. Arteixo "B", 2º clasificado e que no partido de ida viu como unha "Minimáquina Amarilla" con tan so 10 xogadores e con Tomás Miraz de improvisado porteiro foi quen de lograr a fazaña de gañar 1-2 no terreo de xogo de un dos máximos favoritos a ascender de categoría. O equipo arteixán está adestrado polo ex-xogador do Racing de Ferrol "Carlocho".

Ningún comentario: